jueves, 31 de mayo de 2012

Felicitando a Lucas!

Hoxe, en informática, mentras non chegaban todos os nenos/as, estivemos vendo o blog do cole a ver as novidades que había.
E vimos que o noso compañeiro Lucas da escola de Lois gañou un premio! Como nos alegramos! E decidimos felicitalo escribíndolle un comentario na noticia do seu premio! 

miércoles, 30 de mayo de 2012

Patinetes...circulando!!!!!

Baile de "O Garutiño"

Como o prometido é débeda, aquí tedes aos nenos de Ribadumia bailando "O Garutiño"

lunes, 28 de mayo de 2012

O garutiño

Estas semanas imos adicar a clase de música a aprender unha danza chamada "O garutiño" que tamén está no  cd de "A PUNTA DO PÉ"... como nos gusta este disco!
Facer a roda, ir ao medio, bailar en parella e despois roubala!
Estamos a practicar a posición de bailar en parella... unha man na cintura, outra man no hombro e a outra... xa non sabemos onde poñela!!
A primeira volta lenta, a segunda volta rápida...caemos ao chan e a mestra PARA PARA PARA! e volvemos a empezar...a ver se a seguinte vez non nos da a risa!
Cando o teñamos máis practicado ensinámosvolo!

"Se o garutiño quere bailar, axiña parella terá que atopar"


"Este garutiño que aínda agora entrou
 deixalo bailar que aínda non bailou.
Se aínda non bailou o verde limón,
rapaz que es garoto, rapaz que es pimpón,
agora furta, furta que tes a ocasión,
agora se non furtas ficarás lambón.


Xa aquí vai roubada, xa aquí vai na man.
Xa aquí vai metida "



jueves, 24 de mayo de 2012

O pingacho

"Non estou escrito en galego, tampouco en portugués, estou escrito en mirandés"


Dentro do cd de NA PUNTA DO PÉ hai unha canción chamada "O pingacho".
É unha canción moi movida que aínda que está en mirandés sirveunos para exercitar a memoria! Des pois de aprender cancións en inglés, francés e italiano...por que non en mirandés?
Fixemos tamén o baile, aínda que o fixemos un pouquiño máis sinxelo do que realmente é...

"Por beilar o pingacho  dorun-me un real
mas nunme dan nada se l beilar mal.
Beila-lo, beila-lo picorcito
Beila-lo que te quiero un pouquito
Beila-lo
Beila-lo de ilhado
de l´outro ancustado
cun la delantreira
i tamien de traseira
Ora assi que te quiero morena,
 ora assi que te quiero salada"

martes, 22 de mayo de 2012

Letras galegas: Valentín Paz Andrade

O día 17 de maio foi o día das Letras Galegas! Como xa sabedes, este ano adicouse a Valentín Paz Andrade. Nas aulas, as mestras esnsínaronnos unha chea de cousas sobre Valentín e hoxe en informática puxemos en práctica toooooodo o que aprendimos!
A mestra puxo un LIM realizado polo Seminario Galán e nós, puxémonos a traballar!
Falamos sobre onde nacimos cada un e onde naceu Valentín... "Eu en Ribadumia", "pues yo en La Coruña", "eu non sei!"... Valentín naceu en Lérez.
Diferenciamos entre cal é o noso nome e cales os apelidos... ás veces non o temos moi claro! Os apelidos de Valentín son Paz Andrade!



Comentamos que queremos ser de maiores... dende policías, ata pistoleiros, pasando por médicos e comedores de tartas! Valentín foi avogado... "e que fan os avogados?"... "ponen las normas que hay que cumplir"... (eso o tivemos que explicar un pouquiño mellor...).

Falamos sobre o seu gusto polo mar e por escribir... Aprendimos unha poesía pequeniña e que nos fixo moita gracia porque cada vez que a diciamos ben as luces apagábanse como por cousa de meigas!
"As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fora, 
para tornar enmeigado
aos que camiñan a deshora"

domingo, 20 de mayo de 2012

Patinetes en Sisán

O pasado luns fixemos unha actividade moi especial cos nenos de Sisán na clase de Psicomotricidade. Aproveitando o pavillón, cada un dos nenos trouxo da súa casa un patinete, e fixemos unha actividade con este divertido aparello.
Os había de tres rodas, para os que se iniciaban, e de dúas rodas, para os máis avanzados. Ata o profe Rafa trouxo o seu.
Fixemos carreiras de velocidade, circuítos de habilidade, imitando ao que vai de primeiro...
Como a actividade resultou moi divertida, e o tempo da clase pasou moi rápido, este luns... ¡REPETIMOS!

Os avanzados...
Os iniciados

Todos os competidores

Os nenos do CRA xogan ás chapas

Hai uns días, coma o tempo non era moi bo para estar fora, nas clases de psicomotricidade tivemos que improvisar e pensar que xogos poderiamos facer no pouco espazo que temos nas escolas.
Un dos xogos que saíron foi o das chapas e, resulta que moitos nenos non sabían como se xogaba.
Tivemos que traer unha chapa pero, como moitas eran iguais, cada un tivo que decorar a súa: un anaquiño de cartolina, un pouco de plastilina, unha chapa...e a xogar.
Pero...que difícil e darlle cun dedo!!!


Primeiro a marcamos...
 

...despois a recortamos...

...logo a decoramos e...
     

...¡A XOGAR!
 


jueves, 17 de mayo de 2012

Imos de excursión!

Mañán imos de excursión!
Que nervios pasamos o día anterior cando somos tan pequeniños e saímos fora da escola!
Así que hoxe, á camiña cediño para estar ben descansados mañán e disfrutar moito do día.
Recordade que sairemos ás 9 h da sede de Leiro e estaremos de volta ás 17:30 h.
Os peíños ben cubertos con tenis!
Non necesitamos levar nada, nin auga, nin mochila, nin merenda... todo o necesario xa o temos!
Ata mañán!

martes, 15 de mayo de 2012

Macario Dromedario


En informática aproveitamos un LIM que nos recomendou a profe Marta para seguir o traballo que comezou na súa aula de "Xogar a pensar".
Utilizamos un LIM do conto "Macario Dromedario" que podedes ver AQUÍ. Gracias Vero polo teu traballo.
Limos o conto e despois estivemos a falar intentando:
Respetar o turno de palabra, escoitar o que din os nosos compañeiros/as, non berrar, pensar antes de falar...
E despois a mestra preguntou e estas foron algunhas das nosas contestacións:
-Por que Macario non ten chepa? Porque non ten barriguiña porque non come e está delgado.
-Por que os irmáns de Macario molestan ao ourizo? Porque non lle deixa a pala vermella.
-Soluciónanse as cousas chorando? Si porque cuando yo lloro mamá no me manda comer los arbolitos de la profe de las flores (creo que refírese ao brócoli).
-Pódense beber as bágoas? "Si cando eu choro fago así (tira dos mocos) e súbense á cabeza os mocos e as bágoas e xa non teño sede".
Despois aprendimos moitas cousas sobre os dromedarios e sobre os ourizos! 
E esta é unha animación do conto feita con plastilina, mirade que chula!


lunes, 14 de mayo de 2012

Que llueva, que llueva, la virgen de la cueva

Xa só nos queda decoralo... e  podemos utilizar gomets, pintura, lazos, purpurina, papel, cintas de cores... Calquera cousa que se pegue sobre o plástico e deixe tocar o instrumento sen problema servirá para decoralo.
Así o fixeron os nenos e nenas de Leiro!

E co instrumento rematado... fixemos a danza da chuvia mentras cantabamos:



Que llueva que llueva, la virgen de la cueva,
los pajaritos cantan, las nubes se levantan,
que si! que no!, que caiga un chaparrón!,
que rompa los cristales de la estación,
y los míos no, y los tuyos si!





domingo, 13 de mayo de 2012

WELCOME TO ITALY!

Aproveitando que Félix anda perdido por Italia, na clase de inglés traballamos as cores da bandeira  italiana: green,white and red.




Tamén falamos de todo o que podemos comer se viaxamos a Italia e fixemos unha pizza. DELICIOUS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



sábado, 12 de mayo de 2012

Como se une o pao de chuvia?


 Primeiro cortar as botellas, despois rechealo con arroz e para unir as dúas botellas só necesitamos celo ancho... dámoslle unhas voltas para que queden ben unidas e instrumento case listo!!! Qué falta por último?... os nenos e nenas de Leiro nos ensinarán que facer...