lunes, 30 de abril de 2012

Onde puxeches o maio??

Felipe
Profe Marina
Felipe mandounos a foto de onde puxo o seu maio... no coche!
E Jorge, que mira o noso blogue sempre, tamén quixo ensinarnos o seu coche ben protexido coa súa ramallada de xesta.
Alguén máis anímase a mandarnos o seu maio? Recordade que o podedes enviar ao mail do cole: cra.ribadumia@edu.xunta.es


Aula de Leiro
Profe Janet

Profe María



Jorge

Profe Rafa
Profe Ana
PABLO (Leiro)
PAULA (Leiro)

Hoxe hai que poñer o maio!

Hoxe é o último día do mes de Abril! Mañán comeza o mes de Maio. Para seguir cunha tradición galega que aínda se conserva hoxe, antes das 12 da noite, temos que poñer unha ramiña de xesta en todo aquelo que queiramos protexer.
Dende aquí, xa apañamos o maio e o temos preparado para poñelo!
O día 1 de maio é moi común ver nas portas das casas ou nos coches ramas de xesta prendidas.
Vos xa colocástedes o voso maio? Mandádesnos as fotos e as colocamos no blogue para ver como cada un celebrou este día?Podedes mandalas ao mail do cole: cra.ribadumia@edu.xunta.es
Comezo eu!

viernes, 27 de abril de 2012

Preparando a festa dos Maios: A carrasquiña

O venres día 4 celebramos a festa dos Maios! Temos unha chea de actividades preparadas (esperemos que non chova!) Esta semana imos ter que cantar o SOL SOLITO moitas veces!
Subir ao Monte do Castro... enfiar as flores, laranxas e ovos para vestir o Maio... e cantar xunto co grupo Alecrín que nos vai visitar!
Así que estamos preparando varias cancións para poder cantar con eles. Esta é a primeira: A CARRASQUIÑA
Temos na biblioteca dous libros onde aparece esta canción por se na casa quereres practicala antes da festa! Son NA PUNTA DO PÉ  e o ZAMPADANZAS.
"O xogo da carrasquiña é un xogo así ao lado (bis)
baixar os ollos en terra todo o mundo fica admirado (bis)
Oh! Matilda, sacude a saia, Oh! Matilde, levanta o dedo.(bis)
Dáme un bico Maruxiña, que eu che darei un abrazo".(bis)
Ai, que vida é a nosa! dar beixiños, dar abrazos.(bis)

E o baile? Sabedes o baile? O último cachiño falta porque a mestra deulle ao botón sen querer e estropeou o final!

jueves, 26 de abril de 2012

Quen quere ser periodista...?


Como xa pudéstedes ver no blogue do cole estamos a participar no concurso convocado polo programa Prensa-Escuela de "La Voz de Galicia": 9ª Edición do Premio Mellor Periodista Infantil e Xuvenil.
O resultado dos nodos traballiños xa o víchedes pero...queredes ver como o fixemos?


Mirade que ben traballamos!
No seguinte enlace podedes ver a convocatoria do concurso pinchando AQUÍ


miércoles, 25 de abril de 2012

Estradas, rotondas, cruces...

Na escola temos uns grans futuros inxeñeiros de camiños!!
Mirade que proxecto fixeron! E non é unha estrada calquera, non non non!! É a rotonda que vai a Cambados!!
Roi di que hai que mercar unhas señais e uns semáforos... así que imos ter que facerlle caso!

martes, 24 de abril de 2012

Félix chega a ROMA!

Como xa pudéstedes ver nos blogues das distintas escolas, Félix xa leva uns días en Roma. E durante este tempo aprendeu algunhas palabriñas en italiano coma nos dixo a mestra Marta... Buongiorno e arrivederci!
Pero agora xa lle deu tempo a aprender unha cancionciña GIRO GIRO TONDO!
E Félix mandounos unha carta coa letra para aprendela...:
GIRO GIRO TONDO
CASCA IL MONDO
CASCA LA TERRA
TUTTI GIU PER TERRA
Que traducida di:
GIRO, GIRO, CORRO
CAE EL MUNDO
CAE LA TIERRA
TODOS ABAJO POR TIERRA!
Oh! pero que sorpresa levamos cando nos dimos conta que hai palabras en italiano que se din igual que en castelán ou galego! Non é tan dificil aprender idiomas!
E para cantala que mellor que facelo bailando facendo roda! Que tal o facemos?


lunes, 23 de abril de 2012

Intensidade e tempo

Ás veces cústanos un pouco iso de falar en baixiño, non gritar, non correr, facer as cousas despaciño...
Así que aproveitando que co pandeiro pódense facer ritmos moi clariños traballamos os termos de INTENSIDADE e TEMPO.
A consigna era sinxela: cando o pandeiro toque LENTO e FORTE andaremos despaciño dando pasos grandes coma se fosemos xigantes e cando o ritmo sexa RÁPIDO e SUAVE convertirémonos en enaniños do bosque e un pouco agachados daremos pasiños curtos pero rápidos.
Que ben nos sae!

domingo, 22 de abril de 2012

Pandeiro e pandeireta

"Como se chaman estos instrumentos?". A pandeireta o tiñamos claro pero o outro?:
-"Tambor"!!
-Noooon.
-"É un bombo"!
-Non!
-"Tambor!!"
-"Xa dixemos que noooon, é un pandeiro"
-"O cú como un pandeiro"!- dixo algún...
"Cal é a diferencia entre a pandeireta e o pandeiro?"... esa foi a pregunta que nos fixemos cos dous instrumentos diante. E rápidos coma raios... "Os platillos!"
Os "platillos" que ten a pandeireta chámanse sonajas.
Para familiarizarnos con eles en grupiños de dous estivemos investigando a formas de tocalos... e hai un milleiro de formas!: coa man, co puño, coa baqueta (que son os máis "habituais") pero nós que somos listos coma allos atopámoslle moitísimas más: coa cabeza, co nocello, coa cabeza do compañeiro do lado, coa barrigola, co cú....
Estamos practicando para despois acompañar a poesía de Rosalía de Castro de "Miña santiña" que xa aprendimos anteriormente!
Temos moito que ensaiar aínda...

jueves, 19 de abril de 2012

O polo Pepe

Xa traballaramos a canción de "De que cor?"... que era sobre as cores do osiño polar.
E como nos encanta iso de convetirnos en animaliños, agora foi o turno de "O polo Pepe".
Camiñamos seguindo o ritmo cos brazos imitando as ás dun polo...
...frotamos a barrigola como se estiveramos moi cheos de tanto comer...
...estiramos moito as pernas como se tivesemos patolas como a mamá do polo Pepe...
...avanzamos moi estirados coma se fosemos enormes...

"O POLO PEPE COME MOITA CEBADA
POR ISO A BARRIGA TEN TAN INCHADA
POLO PEPE, NON COMAS TANTO,
QUE TE POS MOI MALIÑO
E NON DÁS UN SALTO"

Xa sabedes que todas estas cancións están dentro do libro "Cartas que veñen e van" de Mamacabra non?

Bye bye primavera!!!

Xa nos despediramos dos abrigos e xerseis ata o ano que ven... pero o inverno volveunos visitar! Volve a facer frío e chove o que non choveu antes! Temos que preguntarlle á profe Ana se esta chuvia vai solucionar o tema da sequía da que nos estivo a falar...
Para quentarnos imos pechar os ollos e, escoitando a PRIMAVERA de Vivaldi, a ver se volvemos a sentir a quentura nas bochechiñas..


miércoles, 18 de abril de 2012

WE LOVE BOOKS!

Estes últimos días estivemos traballando dous libros da nosa biblioteca. Encántanos que a profe nos conte contos e de paso aprendemos algunha palabriña.
Mirade algo do que fixemos!!!!!!

viernes, 13 de abril de 2012

Tecla a tecla...

A clase de informática de esta semana foi traballar co WORD.
Os nenos maiores de 5 anos escollimos un libro das estanterías da biblioteca cada un.
Paso 1: Buscar o icono do Word.
Paso 2: Aprender cal é a tecla para cambiar de maiúsculas a minúsculas... e a mestra  púxonos unha estreliña prateada para que nos quedara clariño...
Paso 3: Mans á obra...que diga ao teclado!
E pouquiño a pouco, buscando as letras, "profe, equivoqueime, cal é a tecla de borrar?", "a azul", "Iván, separa as palabras", "profe, cal é a tecla de separar?", "a vermella", "profe, como se vai para abaixo?", "tecla amarela", "profe, como era o "L" pequeno?, "profe, esto non é unha letra" (o "a")... fumos escribindo un cachiño de cada libro escollido....

E despois os nenos de 4 anos fixemos algo un pouquiño máis sinxelo... escribir os nomes de todos os nosos compañeiros nunha lista peeeeeeero.... cada nome tiña que ser dunha cor diferente!


Qué complicado é seleccionar un texto! Pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" algún xa cambiaba todo de cor!
 O próximo día a ver se xa temos máis soltura e animámonos a escribir nome, apelidos e ata o enderezo de cada un!


jueves, 12 de abril de 2012

A Pascua

As vacacións de Semana Santa remataron...xa tiñamos ganas de volver ao cole e ver aos nosos compañeiros/as!
-"Regaláronme un ovo de chocolate!".
-"A min dous!",
-" O meu tiña dous coches de CARS dentro",
-"e o meu Tom e Jerry",
-"e o meu era ASÍ de grande" (abrindo os brazos moitísimo)
-"eso é mentira!".
A algúns lles regalaron os ovos os seus padriños e a outros os seus papás, avós...
En informática fixemos un LIM sobre a Pascua.
Vimos as cousas máis típicas: os ovos de chocolate, a rosca, o coelliño de Pascua... e xogamos con eles a facer series, a repasar os números, facer parellas...
O malo é que acabamos cunhas ganas de chocolate...





 Dámoslle as gracias a Ana Martínez Rey que fixo o LIM (pinchar para acceder).