domingo, 28 de octubre de 2012

HAPPY HALLOWEEN!!!!

Estes últimos días estivemos traballando sobre HALLOWEEN.






Fixemos xogos nos ordenadores.



 Vimos na pantalla como se decoraba unha cabaza.
E tamén cantamos algunha canción e fixemos algunha fichiña.



martes, 23 de octubre de 2012

Monstros dixitais!!!

Nas clases de informática tamén traballamos o proxecto dos monstros...

Primeiro unha boca...




...uns ollos...
...uns brazos...


...uns cornos...




...unhas patas...


...lle damos forma ao corpo...E XA TEMOS O NOSO MONSTRO!!!!
Estes son algúns dos monstros dos nosos nenos...se queredes ver todos, clicade AQUÍ.

Jose Antonio


David


Borja

Wenceslao
Jorge

Que diferenzaaaa!!!!!!

Este curso estamos a disfrutar nas clases de psicomotricidade por varias razóns.
A primeira é que non facemos desdobres, entón aprendemos os xogos todos xuntos e os practicamos.
A segunda é que o chan de madeira que puxeron nas escolas (como a de Lois) permítenos facer moitos xogos no chan, sen temor a frios ou humidades.












E a terceira é que coas aulas de Leiro, Ribadumia 3-4 anos e Ribadumia 4-5 anos, realizamos as clases de psicomotricidade no local social de Leiro, polo que dispoñemos dun espazo moi amplo que nos permite traballar en gran grupo e ata realizar algunha carreira de cabalos.
Aquí tedes aos xinetes!!!!



viernes, 19 de octubre de 2012

COOKIE MONSTER II



SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE OS MONSTROS E ESTA VEZ FIXEMOS UNHA CARETA. A VER SE ADIVIÑADES QUEN SE ESCONDE DETRÁS????








jueves, 11 de octubre de 2012

COOKIE MONSTER

Na clase de inglés tamén traballamos os MONSTROS!







viernes, 5 de octubre de 2012

SPOT GOES TO SCHOOL

 




Traballamos o conto "Spot goes to school" e aprendemos vocabulario relacionado co cole: pencil,scissors,glue,book,..

martes, 2 de octubre de 2012

Comezamos o traballo de informática

Pouco a pouco collemos ritmo nas clases de informática, nos primeiros días estivemos un pouco despistados por mor dos cambios da aula...pero xa estamos afeitos. Comezamos realizando diferentes actividades na PDI.
Se queredes ver as fotos dos nenos de Leiro e Ribadumia 3-4 anos, clicade AQUÍ.