viernes, 30 de marzo de 2012

jueves, 29 de marzo de 2012

O xardín da poesía

As flores do noso xardín da poesía sigue florecendo e hoxe Paula, María, Pablo e Andrea pegaron máis pétalos nas flores.

 Aínda quedan floriñas que lle faltan pétalos e bolboretas que aínda non teñen ás... así que os que teñades na casiña pétalos non vos esquezades de traelos que temos ganas de ver o noso xardín rematado!

O año pitaño

Como se celebrou o Día da Poesía, estamos a aprender unha poesía de Xosé María Álvarez Blázquez. En música estamos aprendendo a canción e en informática a poesía para non esquecela!
Fixemos un LIM onde traballamos aos personaxes da poesía, as patas que ten cada un, o lugar onde foi cada animaliño...A poesía está dentro dun libriño novo que temos na biblioteca chamado "O año pitaño" de PAI-Música.


"O año pitaño vai no paraño.
A cabuxa luxa marchou onda a bruxa.
O gato cegato fuxiu ao burato.
O coello verllo anda no cortello.
O galo ralo rubiuse no valo.
E a galiña tiña está na cociña.
Anda neniña déixaos estar,
e imos brincar cas cunchas do mar."

Para acceder ao LIM pica AQUÍ
Gracias a Maica, Fina e Conchita que foron as que realizaron este LIM.




lunes, 26 de marzo de 2012

A cor do osiño polar


Tivemos unha carta e limos:
VOU FACER UNHA PREGUNTA, A RESPOSTA BUSCARÁS, VOU FACER UNHA PREGUNTA, NON SEI SE A SABERÁS... É DE COR VERDE O OSIÑO POLAR? NON-NON-NON-NON
Nin verde nin vermello, tampouco marrón nin rosa nin moradogris é? non!.... É DE COR BRANCA O OSIÑO POLAR? SI-SI-SI-SI-SI! SI!
Puxémonos mans á obra e fixemos unhas paletas que nos serviron para ir enumerando en orden a cor do osiño polar...
Esta cancionciña está dentro do libro de Mamacabra chamado "Cartas que veñen e van. .. Xa coñecemos varios libros de Mamacabra, cando os vemos xa os recoñecemos! 
 Esta semana abrimos outra das cartas do libro e estamos a aprender outra canción...pero eso será outro día!


jueves, 22 de marzo de 2012

WELCOME SPRING !

Dende a clase de inglés, queremos darlle a benvida á primavera. Mirade algúns dos debuxos que fixemos!

Día da poesía

Como xa sabedes, onte celebrouse o Día da Poesía. Hoxe en Leiro estivemos aprendendo un cachiño dun poema de Rosalía de Castro aproveitando que este ano conmemorouse o 175 anos do seu nacemento.
O próximo día ímoslle poñer música e imos intentar acompañalo con pandereta...
O poema é "Miña santiña" e di...

"Miña santiña, miña santasa,
miña cariña de calabasa 
hei de emprestarvos os meus pendentes
hei de emprestarvos o meu collar
hei de emprestarcho cara bonita
si me deprendes a puntear"


Mirade que ben o facemos!

miércoles, 21 de marzo de 2012

Gracias a Iván ...e a súa nai

Con este rapaces vamos de sorpresa en sorpresa.
Todos os martes que dou a miña clase de Psicomotricidade cos nenos da aula de maiores de Ribadumia, cando chega a hora da merenda, Iván saca un bocata "espectacular" feito pola súa nai: pan integral, aceite de oliva, un pouco de tomate e xamón serrano.
Como non podo estar calado, sempre lle digo:
- "Iván, o próximo martes tes que traer un bocata coma ese para o profe Rafa, que ten moi boa pinta"
E claro, martes tras martes... o pasado martes Iván deume unha sorpresa e trouxome un bocata coma o seu para que o comera no recreo.
Desde aquí quero darlle as grazas a Iván e a súa nai. O bocata esta boísimo e... a próxima merenda teño que traela eu.
Gracias e un bico.

MY FAMILY

Esta semana Monkey presentounos ao seu pai e a súa nai e contounos que en Inglaterra o día do Pai celébrase o terceiro domingo de xuño.

Aprendemos a canción de mummy e daddy e fixemos unha ficha.

martes, 20 de marzo de 2012

Benvida Primavera!

Hoxe chegou a PRIMAVERA!
 Nós xa o notamos:
- Xa vai quentando un pouquiño máis o sol e case podemos sair ao patio sen abrigo.
- Os días son máis longos e estamos máis remolones á hora de ir á camiña.
-A moreira do patio de Leiro xa empezou a botar folla.
Incluso hoxe, ao abrir a ventá da clase, entraron unhas boliñas brancas que bailaban pola aula... a mestra di que é o polen...
Mentras faciamos informática, escoitamos "LA PRIMAVERA" de VIVALDI...


lunes, 19 de marzo de 2012

Unha visita especial!

Hoxe en Lois tivemos unha visita moi especial! Vistounos María! Ela marchou este ano para o cole dos grandes pero de cando fai unha visitiña aos compañeiros.
Contámoslle que en música estabamos aprendendo algunhas cousiñas sobre o BALLET... e sabedes que? María vai a clase de ballet!!
Así que nos ensinou algúns dos pasos dos que nos falara a mestra (o fai mellor que a mestra a verdade).
Aquí nos podedes ver facendo PLIÉ!

domingo, 18 de marzo de 2012

Pasámonos ás carreiras

Seguindo co traballo dos deportes olímpicos, e dentro do atletismo, comezamos a traballar esta semana nas diferentes escolas as "Carreiras de Velocidade e de Relevos"
Coma sempre, primerio buscamos na rede información e algún vídeo que nos explicase como eran esas carreiras. Vimos ao home que corre máis rápido do mundo "Usain Bolt", que sempra leva unha camiseta amarela porque é o color do seu pais "Jamaica"
Despois de ver como o fan os maiores, tocounos practicar no patio. Tivemos carreiras boas, regulares e algunha complicada de clasificar pero, ao final pasámolo moi ben.
Aquí tedes unha pequena representación.



viernes, 16 de marzo de 2012

Axenda musical para o fin de semana

Mañán para todos os que teñades meniños pequenos, hai un Concerto para bebés titulado Sorte sortiña. Golfiños. Celebrarase na sala de obradoiros do Salón do Libro en 4 sesións diferentes:
11:00 h - 12:30 h - 17:00 h. - 18:30 h.

11.00, 12.30, 17.00, 18.30Sorte Sortiña. Golfiños
Concerto para bebés. 3€
Sala de obradoiros

NEWSPAPER

Para celebrar a Semana da Prensa, na clase de inglés estivemos facendo varias actividades.
Na  pizarra dixital rodeamos o nome de varios xornais ingleses.

Como xa aprenderamos que xornal en inglés dise NEWSPAPER, nunha ficha coloreamos as letras desta palabra e recortamos , non sen dificultade, o nome do xornal The Times.

E así quedou unha vez rematada.


jueves, 15 de marzo de 2012

Tchai que?... TCHAIKOVSKY!

A semana pasada aprendimos varias cousiñas sobre o ballet: cómo se baila, o vestuario que levan, a historia de "El lago de los cisnes", algúns pasos de baile en francés...
Pero nos faltaba coñecer ao autor da obra que tanto escoitamos este días: "El lago de los cisnes".




O seu nome é TCHAIKOVSKY, costounos un montón dicilo ben e é que non coñecemos a ninguén que se chame así! "Non é de Ribadumia" dixo algún...Pois non, nin de París, nin de Londres... máis lonxe aínda... era de Rusia! 
Buscamos no mapa onde está Rusia e onde está Ribadumia... e aínda que as dúas comezan con "R" están moi moi moi lonxe...
E aproveitando coñecimos como é a bandeira rusa... "é parecida á de España", sí que é parecida, pero de outras cores...




martes, 13 de marzo de 2012

Soños de Xulieta

En música estivemos escoitando un conto musicado chamado "Soños de Xulieta" da editorial Kalandraka. É a historia de Xulieta que queda durmida e empeza a soñar  milleiros de cousas diferentes!
Ao principio costounos un pouco eso de tumbarnos na colchoneta, pechar os ollos e escoitar caladiños atentos á historia e á música... pero pouco a pouco comezamos a interesarnos polas cousas que Xulieta soñaba.
A mestra pediunos que pensaramos en qué soñamos nós cando pechamos os olliños... comezamos a dicir:
"saltar de nube en nube", "voar nun dragón", "vivir nun castelo e ser unha princesa", "ter un cadeliño que fala"... cantos soños temos! Esperemos non deixar nunca de facelo!

 

lunes, 12 de marzo de 2012

O ballet

Revolvendo revolvendo atopamos na biblioteca un libro que fala de ballet! É da editorial Combel e chámase "El lago de los cisnes".
Aproveitando que Félix sigue de viaxe en Francia, a mestra falounos de que o ballet ten relación con este país. Aínda que naceu en Italia, os nomes dos pasos de ballet nomeáronse en Francia, por eso decimos "pas de deux" cando bailan bailarín e bailarina, "chassé" cando a bailarina desliza un pé despois de outro, "ciseaux" cando se da un salto facendo a tesoira coas pernas, "plié" cando flexionamos os nocellos...

Coñecimos a historia do lago de los cisnes: o cisne branco que se convirte en cisne negro...
Estivemos practicando pasos de ballet en parellas despois de ver  varios vídeos de ballet...un en concreto deixounos coa boca aberta... "Eu quero facer iso" dicía algún e algunha!
Queredes ver o vídeo que máis nos gustou? PINCHA AQUÍ

viernes, 9 de marzo de 2012

Axenda musical do Salón do Libro para esta fin de semana...

Recordade que mañán sábado tedes dúas actividades musicais ás que podedes ir a disfrutar en familia. Apuntade!: 


-Sábado 10 marzo ás 12:00h. Concerto da Orquestra de Cámara de Lira. Sala de exposicións.
-Sábado 10 marzo ás 20:00h. Meigas, Concerto da Banda de Música de Salcedo. Teatro Principal. A partir de 10 anos.

martes, 6 de marzo de 2012

"Sur le pont d'Avignon"

Déusenos tan ben cantar en francés que atrevímonos con outra canción: "Sur le pont d´ Avignon". Se prestamos atención á letra podedes ver o sinxela que é:
"Sur le pont d´Avignon
on y danse, on y danse
sur le pont d´Avignon
on y danse tous en round.
Les belle dames font comme-ça
et puis encore comme-ça...
sur le pont d´Avignon 
on y danse, on y danse
sur le pont d´Avignon
  on y danse tous en rond






E como non podíamos ser menos...tamén nos atrevimos coa danza!

lunes, 5 de marzo de 2012

Tamén lanzamos en Lois

Na escola de LOIS tamén estivemos practicando os lanzamento de atletismo. Aproveitamos o solciño e na pista que está detrás da escola improvisamos un pequeno "estadio" no que os deportistas se emplearon a fondo. Foi moi divertido e algún "fixo unha marca moi boa".
Estes son algúns dos atletas e, o resto podedelos ver clicando AQUÍ.