martes, 12 de junio de 2012

REMATAMOS OS NOSOS INSTRUMENTOS...


A semana pasada comezamos a construir un instrumento musical misterioso para o que necesitabamos CHAPAS, CARTÓN, OLLOS E PINTURA... E os nenos e nenas de Lois e Ribadumia 3 anos foron os primeiros en acabalo!
Esas 4 cousiñas convertíronse nunhas castañolas monstruosas!!!
Só tivemos que pegarlles os ollos por fora e as chapas por dentro coma se fosen dentes e...                         CLAP CLAP CLAP!



Quitarlle o papeliño do pegamento aos ollos foi todo un traballo de paciencia xa que temos os dediños tan pequenos que ás veces parece que se nos resisten algunhas cousas!
E a cinta de doble cara que utilizamos para pegar as chapas dentro foi todo un descubrimento que a algún lle custou entender... ten pegamento polos dous lados? Non pode ser! E outro tanto de tempo para quitarlle o papel á cinta... outra vez fumos un saco de paciencia...
Primeiro miramos de que bebidas eran as chapas... cocacola, cervexa, fanta, kas, auga...
As collimos as dúas iguais... como nos gusta facer parellas!




viernes, 8 de junio de 2012

The Ugly Duckling

Estas últimas semanas, estivo viaxando polas escolas, unha maleta cargadiña con contos de Hans Christian Andersen. Nós, decidimos  traballar  "O parruliño feo".




martes, 5 de junio de 2012

Que será será...?

Só podemos decir que é un instrumento musical!!
Estos días, nas distintas escollas, empezamos a súa elaboración...
1º Paso: pintar o cartón que vai servir de base!
 Nalgunhas clases con pintura... noutras con rotuladores...

Ímolo deixar secar uns días para que despois podamos seguir traballando...
Alguén sabe o que estamos a construir??



lunes, 4 de junio de 2012

Que podemos facer con estas cousas?

Na clase de música estamos argallando un novo instrumento musical... que faremos con todo esto?
CARTÓN, OLLOS, CHAPAS E PINTURA