martes, 31 de enero de 2012

Así celebramos en Ribadumia o Día da Paz...

 O luns celebramos o Día da Paz por todo o alto!
En música saimos as dúas aulas e cantamos e bailamos a canción que aprenderamos.
E qué é un día da paz sen pombiñas? mmm!! Como nos gustaron!

sábado, 28 de enero de 2012

Lanzamento de disco

Para o traballo das olimpiadas vamos a ter como referencia un libro da nosa biblioteca titulado "De la A a la Z con los deportes"
O primeiro deporte do que fala é o Atletismo: dentro del atopamos diferentes disciplinas como as carreiras, os saltos e os lanzamentos.

Para comezar escollemos os lanzamentos. Buscamos información e atopamos que hai 4 tipos de lanzamentos dentro deste deporte: lanzamento de peso, de disco, de xavelina e de martelo.



Martelo
Peso
Disco
Xavelina
Nas escolas, e mentres non cheguen os materiais que temos mercados, tivemos que fabricar os nosos discos para aprender a lanzar. Empregamos uns aros pequenos, papel de xornal e cinta. Tivemos que traballar un pouco pero o resultado foi moi bo. Aquí tedes a proba.



E agora ¡A XOGAR!

Deportes Olímpicos: "Equitación"

Os cativos non para de sorprenderse da cantidade de deportes que se realizan nunha Olimpiada: carreiras, deportes con pelotas, con raquetas, pelexas.... Pero se dúbida un dos que máis lle gustaron foros as carreiras e saltos de cabalo.


O primeiro que fixemos foi buscar en internet algún vídeo
relacionado con este deporte para poder velo na PDI.


Descubrimos que había cabalos que corrían moito, outros que saltaban uns muros moi altos e outros que corrían polo campo e ata tiñan que saltar uns "charcos" grandes de auga.
Aprendimos que é un deporte que pode ser perigoso polas caídas, polo que os xinetes van protexidos cun casco.
Despois de todos estes descubrimentos so tiñamos que praticar... Collemos os nosos cabalos e fixemos unhas carreiras boísimas. Pasámolo de medo. Aquí tedes unha mostra das carreiras, o resto das fotos podédelas ver clicando AQUÍ.



viernes, 27 de enero de 2012

Buxaina, trompo, peón...



Sabemos dicilo en inglés e tamén e francés pero tan importante é dicilo no noso idioma!
En galego hai moitas formas de chamalo: buxaina, trompo, peón...



miércoles, 25 de enero de 2012

Preparando algo especial para o Día da Paz...


Acordádesvos que fai uns días dixemos que estabamos traballando en algo? Pois hoxe vai outra pista! Como xa sabedes o luns día 30 conmemórase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e en música seguimos preparando algo que nos está levando máis tempo do pensado...pero estará rematado para o luns! (iso espera a profe)...


Hoxe vos ensinamos o retrouso da canción!:
                "Canta, conmigo canta
gritaremos BASTA YA
ven y dame la mano
los niños queremos la paz"

martes, 24 de enero de 2012

A aula de informática está chea de cousas!

Pouquiño a pouco os cativos de 3 anos imos aprendendo as partes do ordenador. Xa sabemos pantalla, teclado, altofalantes, rato.... aínda quedan uns poucos!




viernes, 20 de enero de 2012

jueves, 19 de enero de 2012

Coas miñas mans


 En música estamos preparando algo especial "coas nosas mans"!
Ata
dentro duns días non podemos dicir nin chío sobre de que vai... pero como non somos capaces de gardar nada, non podemos deixar de ensinarvos un adiantiño do que estamos facendo... Deixámosvos unha foto.... e como o estamos facendo todo "coas nosas mans", mentras traballamos cantamos...


miércoles, 18 de enero de 2012

Xa probamos o noso LIM!


 


Os nenos e nenas de Ribadumia de 3 anos foron os primeiros en "probar" o LIM que fixemos sobre "Cartas de Félix"... parece que lles gustou porque estiveron moi entretidos facendo as actividades.

Mirade canto traballaron facendo crebacabezas, ordeando palabras, clasificando imaxes....

Se queredes xogar na casa tamén        podedes! Só tedes que picar no enlace do LIM...aquí volo deixamos: http://enmupsico.blogspot.com/2012/01/cartas-de-felix.html

    

martes, 17 de enero de 2012

Cartas de Felix

Non sen pouco esforzo o equipo das Tic´s do CRA conseguiu subir un LIM ao noso blog, e aquí o tedes para que pasedes un bo rato.

E en Londres? Cómo lle chaman?




Félix xa viaxou de Londres a París. Subimos ao blog como se lle chama ao peón en París pero...quedárasenos esquecidas na cámara de fotos o traballo que fixemos co peón en Londres!


Xa sabemos que en París se lle chama TOUPIE e en Londres? Pois SPINNING TOP.

Imos ter que ir facendo unha lista para non esquecer como se di en cada idioma.

domingo, 15 de enero de 2012

Coma as mascotas das Olimpiadas

 Antes do Nadal coñecemos as mascotas das Olimpiadas de Londres 2012. Chámanse WENLOCK e MANDEVILLE.
Wenlock                                       Mandeville
Equitación
 Todo en elas resultou moi sorprendente xa que non se parecen a nada que coñecemos: so teñen un ollo moi grande, non teñen boca, nin dedos, nin pes...
Buscamos en internet máis información a atopamos a Wenlock cos traxes de diferentes deportes olímpicos.
Falamos de cabalos, raquetas, homes moi fortes, deportes de peleas...
Halterofilia





Karate
Badminton



Fixándonos ben en Wenlock, démonos conta de que levaba na man unhas pulseiras moi chulas, que representaban os aros olímpicios, e ese foi o noso punto de partida: fixemos unha pulseira da cor de cada aro que os cativos levaron para casa.