lunes, 31 de octubre de 2011

jueves, 27 de octubre de 2011

Entrega especial de libros!

Chegounos á escola un paquete procedente da Editorial Kókinos cheo de libros!



Vaia libros máis bonitos para a vista....pero tamén para os oídos, porque son libros sobre nanas de diferentes países.
Os nenos e nenas de Leiro estiveron investigando sobre os libros que chegaron para mostrarnos de onde veñen.
Cada neno escolleu o libro que máis lle gustou...

Qué magoa! As fotos dos nenos e nenas saíron un pouco escuras porque as fixemos coa luz apagada para poder ver ben o mapa na pizarra dixital...

Angela foi a primeira... "Este para Andrea!!" dixo... E colleu "Cancionero infantil del papagayo". Con cancións portuguesas! Qué parecido ao galego!


"Son os nosos veciños!" dixeron os nenos.... E é que Portugal está a un chimpo!


Paula escolleu "A la sombra del olivo"... que ten 29 cancións infantís árabes...

Onde está Marruecos? Preguntámonos....pois Paula xa o sabe...


A María, o libro que máis lle gustou foi "Canciones infantiles y nanas de Baobab"...Que inclúe un repertorio de música tradicional de Africa con 30 nanas e cancións de voda e traballo e xogos cantados.


E buscamos Africa no mapa... aí xustiño onde nos sinala María!


Andrea decidiuse por "Canciones infantiles y nanas de babushka"... Este libro inclúe cancións infantís eslavas, polacas, checas, ucranianas e bielorrusas.


Aínda somos un poucos pequenos e por máis que subimos na cadeira, non chegamos a sinalar exactamente co noso dediño onde está Rusia!!

Agora, xa sabedes que temos novas adquisicións na biblioteca do cole por se queredes escoitar e aprender sobre músicas de outras culturas.
Se non sabedes onde atopalos, os mestres e mestras estaremos encantados de axudarvos...aínda que... moitos dos nenos e nenas xa son uns expertos en buscar libros na biblioteca!
Se queredes ir coñecendo estes libriños, recoméndovos comezar co "Cancionero infantil del papagayo" xa que é dunha lingua próxima a nós e as cancionciñas pódense aprender con facilidade.
En conxunto, son unha oportunidade de crecer respetando a gran cantidade de formas e culturas do mundo no que vivimos.


O trem maluco
Quando sai de Pernambuco
Vai fazendo chic, chic,
Até chegar no Ceará.

Rebola pai, rebola mae, rebola filha…
Eu também sou da familia,
Também quero rebolar!
Ah! Por certo, na foto do paquete aparece un libriño do que non falamos neste post... pero esa é outra historia! Non tedes xa curiosidade?

Mañán festa de Samaín e Magosto!






Aínda que falta un día para o magosto e o samaín, hoxe estabamos xa con ganas de festa!
E estivemos toooodo o día falando do tema.
E aproveitando, na clase de informática hoxe practicamos co Word e aprendimos a redactar notas.

Cada neno copiou no seu ordenador a nota informando (por se alguén se esquecía) da festa de mañán.



Ao principio, tivemos algún que outro problema aprendendo o código de cores para as teclas de "borrar", "espacio" e "empezar nova liña"... pero unha vez metido na cabeza rematamos a nota nun pis-pas.

Peeeero, non estaba todo feito porque o máis dificil estaba por chegar... adxuntar unha foto ao documento!
Entramos en google e escribimos CASTAÑA.....

...e superando algún problema co rato e os botóns secundarios, escollimos a foto que queriamos copiar e coa axuda da mestra a pegamos na nosa nota.


Agora tocaba o turno de imprimila porque algún non creía que saíra pola impresora "igual igual igual" que na pantalla...

Picamos no menú "archivo", "imprimir".....e fumos correndo coma un raio ao despacho de Rafa ("ssshhh!! como se entere..." dixo Nico) e PUS PA PUS!... saiu a nosa notiña.



Adrián necesitou comprobar comparando coa pantalla que a nosa nota era EXACTAMENTE igual.... "igualiña igualiña" dixo! Proba superada!



martes, 25 de octubre de 2011

lunes, 24 de octubre de 2011

Cuéntame una ópera: Hansel y Gretel




Hai bruxas grandes, bruxas pequenas,bruxas que dan medo, bruxas que dan risa, bruxas malas malísimas, bruxas brancas, bruxas negras...bruxas de todas as cores!


As titoras nas clases están a traballar un montón de contos de bruxas: A casiña de chocolate, A bruxa tola, A bruxa do dente, Hansel y Gretel, A bruxa Brunilda...


Estas son algunhas das bruxas que debuxaron os nenos e nenas de Sisán!






Na clase de música escollemos "Hansel y Gretel" e empezamos a traballalo a partir dunha ópera de E. HUMPERDINC.


Aprendimos que nunha ópera hai música, hai poesía, danza, decorados, actores e actrices...Para traballalo estamos a utilizar unha páxina web chamada CÚENTAME UNA ÓPERA, que a podedes atopar picando no enlace seguinte




Puidemos ver que unha ópera ten varias partes. E estivemos moi atentos comprobando que o conto de Hansel y Gretel tiña todas esas parte das que nos falou a mestra.

Ten unha OBERTURA, onde Hansel e Gretel bailan e cantan.Tamén un PRELUDIO, a "Cabalgata das bruxas" e varios INTERMEDIOS como "El duende del saco de arena" y "La bruja".

Polo San Martiño. peóns ao camiño!!

A Rede Galega do Xogo Tradicional, BRINQUEDIA, convoca por sétimo ano consecutivo o "Día do Peón", o venres 11 de Novembro. No CRA de Ribadumia, en concreto nas clases de psicomotricidade, realizaremos algunha actividade relacionada con este xogo tradicional.
Se queredes máis información sobre esta e outras iniciativas relacionadas cos Xogos Tradicionais clicade AQUI



viernes, 21 de octubre de 2011

miércoles, 19 de octubre de 2011

Corre corre cabaciña

Estamos moi ocupados co tema do Samaín! E despois de aprendernos a canción de "A bruxa tola", tócalle o turno a "Corre corre cabaciña" da editorial OQO.

Na biblioteca lemos o conto que nos gustou moitísimo...




Coñecedes a historia? ...



...e fixemos unha ficha na que nos convertimos en cabazas con patas....





Laura quedou de medo convertida en cabaciña!!!




...e agora toca entonala... Vos atrevedes na casa a cantala cos pequenos?




Hoxe estivemos gravando a canción, pero como estaban facendo obras e a cada momento soaba o taladro, só puidemos conseguir este cachiño sen ruídos!



martes, 18 de octubre de 2011

Migallas



Dende aquí queremos seguir mostrándovos actividades coas que disfrutar cos vosos pequenos/as. Nesta ocasión, é Migallas...Migallas é un grupo de teatro dirixido aos nenos/as.

Nós puidemos disfrutar cunha das súas actuacións no Salón do Libro de Pontevedra fai 2 anos e encantounos! Estas son un par de fotos de aquel día!



As próximas actuacións que teñen programadas son:
-19/11/2011, 18:00horas, Moraña, Casa da Cultura. "Camiño de historias".
-2/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra, Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-16/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra, Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-23/12/2011, hora sen especificar, Redondela, Biblioteca de Chapela, "Camiño de historias".
-27/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra,Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-30/12/2011, hora sen especificar, A Guarda, Auditorio, "O libro máxico".

"Camiño de historias" é un espectáculo de historias de tradición oral enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato combina a narración coa expresión plástica e dramática.
Malia ser tradicionais, os contidos que tratan son próximos aos nenos/as:
-os rapaces consentidos polos pais,
-o afán por posuír xoguetes,
-o ritmo das estacións e o ciclo da vida,
-a importancia da música e as festas...







"O libro máxico": Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa porque os seus pais van a unha reunión. Atopa un libro vello nun baul que a mergulla nunha historia de piratas moi real! Os rapaces terán que buscar unha lámpada marabillosa que perdeu un xenio en Arabia, actuarán nunha pista de circo acompañados por un can-pallaso e conducirán uha nave espacial por galaxias descoñecidas!
O argumento convida aos nenos/as a vivir grandes aventuras lendo libros. Ademáis traballa temas como a discriminación, o exceso de autoridade, as relacións entre pais e fillos, a importancia da imaxinación...

Se asistides a algún dos espectáculos, encantarianos que nos contarades a vosa experiencia!

E se picades no enlace, poderedes entrar na súa páxina web:





viernes, 14 de octubre de 2011

As bruxas

Como xa sabedes, estamos traballando o tema das "Bruxas".
Como podedes ver nalgún post das aulas, cada aula está traballando de moitas formas diferentes: lendo contos de bruxas, aprendendo a escribir o seu nome, facendo recanto de contos de bruxas, debuxando bruxas...e nós, estamos aprendendo unha canción sobre elas!
Tamén está relacionada coa festa do Samaín, que o celebraremos xunto coa festa do Magosto o día 28 deste mes.



Nun post da escola de Ribadumia pequenos, a profe Marta contounos que fai uns días leron oconto de "A bruxa tola".

Esta semana comezamos nalgunhas aulas a aprender a canción de "La bruja loca":

"Abracadabra, pata de cabra,
Vivía una bruja loca en la calle 22
no sabe hacer brujería porque ya se le olvidó,
Que si! Que no! Que todo se le olvidó!

Anoche salió la bruja, y al páramo trepó,
trató de volver volando pero al valle se cayó.
Que si! Que no! La escoba se le olvidó!

La gente se divertía en la calle 22,
la bruja se puso brava y en maíz los convirtió,
Que si! Que no! La magia se le olvidó!"


A parte de aprender a canción, fixemos a ficha onde coloreamos á bruxa e escribimos o título da canción:


Abracadabra...que empece o video xa!