martes, 29 de noviembre de 2011

Tocamos o xilófono!


Xa somos uns grandes músicos! Acordádesvos da "Sinfonía del nuevo mundo" que traballamos fai unhas semanas? Pois agora estamos aprendendo a tocar o estribillo co xilófono! E dásenos moi ben a verdade!
Vimos o xilófono...contamos cantas placas ten...algún deuse de conta que cada placa ten o seu nome debaixo... Somos moi observadores! E ata entoamos a escala musical: DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO!! Canto costa chegar ao DO!! Quedamos sen folgos!
A cada placa adxudicámoslle unha cor para que nos fora máis doado, aínda somos pequenos!
E baqueta en man e lendo unha partitura de código de cores...música maestro! Qué vos parecen os nosos artistas???

domingo, 27 de noviembre de 2011

"Caracol e Vermiño"


Temos na biblioteca da escola unha colección de contos moi pequeniños e curtiños que son moi bonitos. Os seus autores son Armando Quintero e André Letriae son da editorial OQO.


A colección chámase "Caracois" e inclúe:


"Qué susto" "Caracol e caracola" "Caracol e formiga" "Navega, caracol!"

e "Caracol e Vermiño" que é o que os nenos e nenas de Ribadumia traballamos na pizarra dixital!
Cada aula fixo as actividades máis axeitadas á súa idade.

Ordeamos as letras dos nomes dos personaxes e unimos cada nome co seu debuxo...

Colocamos en orden as escenas do conto e unimos cada color co seu animal...

Resolvimos puzzles e adiviñas...
E ata xa estamos a piques de ser uns expertos no xogo de atopar parellas...e é que non é tan doado como parece!!

sábado, 26 de noviembre de 2011

Traballamos as partes do peón

A semana pasada nas clases de informática, tanto a profe María coma o profe Rafa estivemos traballando na PDI as partes dos peóns con todos os nenos do CRA. Deste xeito, os cativos xa saben que a parte de arriba se chama "PERUCHO", que os trompos teñen "BARRIGA", que cando bailan ben o fan sobre o "FERRÓN" e que se queres bailalo tes que enrolalo coa "PIOLA".
Foi moi divertido xa que ao final cada un pintou o peón das cores que máis lle gustaba.
Aquí tedes unha pequena representación, pero se queredes ver todas as imaxes dos cativos traballando tedes que clicar no nome da escola. LEIRO. LOIS. SISÁN.

jueves, 24 de noviembre de 2011

Salvapingüíns


Hoxe en clase de informática sobrounos un pouquiño de tempo no cambio para ir a clase de horta con Ana e Roi acabou convencendo á mestra para que nos deixara xogar ao xogo de Salvapingüíns... que é o seu favorito e tamén a de moitos dos outros nenos/asÉ un xogo moi sinxelo onde o seu obxectivo é claro: QUE OS PINGÜÍNS PEQUENOS NON ACABEN CONXELADOS!!!
Dásenos de medo! Ao principio cunha man...pero cando empezamos a utilizar as dúas mans a mestra quedou coa boca aberta!! Vaia coordinación temos!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Fago o camiño como o trompo en San Martiño!


A mestra Marta atopou cousiñas de música para traballar o Día do Peón e compartiuno con nós para que o traballaramos en clase de música. Graciñas Marta!

Os nenos e nenas de Ribadumia da clase dos maiores foron os primeiros en xirar coma peóns....




...a verdade e que rematamos todos tumbados no chan porque nos mareamos un pouquiño mentras cantabamos o anaquiño de canción que aprendimos:

"Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar"


É unha canción da Banda Os Ourensóns...queredes escoitala? Picade!


Aproveitamos para escoitar unha obra de Georges Bizet chamada "La peonza"...e é que Bizet compuxo unha obra chamada "Juegos de niños"... escoitade escoitade!!!


E xogamos a seguir e imitar os movementos do musicograma cando soaba un dos anaquiños que aparecían...

domingo, 20 de noviembre de 2011

A VISIT TO LONDON

As titoras están traballando o conto " Cartas de Félix" ,así que como Monkey naceu en Londres contounos moitas cousas de alí.

Falounos dun palacio vixiado por uns gardas, onde vive unha raíña chamada Queen Elizabeth.

Tamén animounos a subir ao London Bus e visitar monumentos como The Tower Bridge, o Big Ben, ... e moitos lugares máis.

viernes, 18 de noviembre de 2011

"Los músicos de Bremen" (2ª parte)




...despois de atoparse os catro animais no camiño a Bremen, quedaron a durmir nun granero. Oíron ruídos mentras durmían...eran uns ladróns!... así que o can subiuise ao lomo do burro, o gato trepou enriba do can e a galiña voou sobre o gato... e todos a unha gritaron á vez: IO IO GUAU MIAU COCOROCO!!

E fixeron unha torre de rebuznos, ladridos, maullidos e cacarexos que espantou aos ladróns.... a nós gustounos a
idea de facer torres de animaliños...


















Os maiores foron os encargados de ler os carteliños e emparellar cada nome co seu animaliño...

E esqueciásenos contar o máis importante!
Cada animal sabía tocar un instrumento... sabedes emparellalos?

"Los músicos de Bremen" (1ª parte)



Estivemos traballando un conto musicado con música clásica moi chulo! É "Los músicos de Bremen"...
A primeira dúbida saiu ao preguntar onde está Bremen: "Está en Londres con Félix" dixo algún.
Así que collimos un mapa e buscamos onde está Londres e onde está Bremen... Bremen está noutro país... está tan lonxe que Borja case non chega!





O primeiro foi ler o conto...o coñecedes?

Os personaxes son un burro, un can, un gato e unha galiña. E os presentamos nunhas tarxetas...

Traballamos as onomatopeias: miau! guau! io io! cocoroco!

Foi moi divertido convertirnos en animais, ademáis nos metimos tanto nos personaxes que ata os imitamos nos movementos e non habíamaneira de volver á andar con dúas pernas en vez de en catro!

Tamén fixemos xogos de memoria:
-En qué orden aparecen os animais no conto?, -Qué animal agochou a mestra?, Qué son fai cada un deles?...


E é todo por hoxe...o próximo día contaremos a 2ª parte do traballo que estamos a facer con esta historia...

jueves, 17 de noviembre de 2011

A orquestra: Música maestro!



Xa empezamos a semana pasada na escola de Leiro a coñecer o que é unha orquestra.. e é que nos quedara pendente de cando traballamos a "Sinfonía del nuevo mundo" de Dvorak.
Para investigar sobre a orquestra traballamos cun libro que temos na biblioteca que se chama: "Orquesta!" que é da editorial Combel.

Recordade que para buscar os libros de música na biblioteca da escola temos que buscar polo seu carteliño e máis polo seu número, neste caso o 78.


O primeiro que nos chamou a atención da portada foi...-"Quen é ese que non ten ningún instrumento?"... é o director e aínda que non toca ningún instrumento é case o máis importante da orquestra porque é quen dirixe e fai que cada un toque cando lle toca.
Gracias a un pop-up que trae o libro puidemos facernos unha mellor idea de como se coloca cada un...
Tiñamos moita gana de tocalo todos á vez, pero tivemos que ter coidadiño e facelo con suavidade e de un en un para non escachar con todo.

Xa coa "Sinfonía del nuevo mundo" coñeceramos a familia dos instrumentos de corda (bueno,
algún deles porque son tantos!): o violín, o violonchelo.... E o que foi novo é como nos tiñamos que colocar para tocar cada un deles. Sabedes que o violín ponse no hombro e o violonchelo e o contrabaixo son tan grande que hai que apoialos no chan? E que co violonchelo podemos estar sentados nunha cadeira mentras que o contrabaixo é aínda máis grande que hai que tocalo de pé?.

Estivemos imitando como tocar a frauta traveseira e o clarinete que son da familia de vento madeira (é curioso porque aínda que a frauta sexa de metal, ten unha lengueta que é de madeira e por iso o metemos nesta familia)...
E os que máis nos gustaron foron os da familia de vento metal... a mestra di que é porque soan tan forte como cando nós falamos (de alto, claro)...


Ah! e a familia de percusión tamén nos gusta un montón, porque ten o tambor...e iso sempre o estamos a practicar: batimos os rotus contra a mesa, os pés contra o chan, os xoguetes un entre outros, ás veces batemos uns cos outros incluso!

A mestra ensinounos unha partitura e mandounos buscar a ver se atopabamos algunha letra... buscamos as vocais, e nada, buscamos as letras dos nosos nomes...e nada! ningunha letra! ...cómo leen os músicos?... Jose Antonio díxonos que son formigas espachurradas no papel e así fanse as notas... un pouco formigas espachurradas sí parecen....
A parte do libro da biblioteca tamén estivemos traballando na pizarra dixital...

Fixemos varios xogos:

Descubrir o son do instumento que soaba...
Adiviñar pola forma qué instrumento perdera cada un...



Música maestro!!!!