miércoles, 29 de febrero de 2012

Praticamos lanzamentos

Aproveitando o bo tempo que temos este inverno, os nenos da escola de Leiro puideron hoxe practicar co material novo os diferentes lanzamentos que hai no atletismo.
Como vedes nas fotos tivemos lanzamentos de xavelina, de disco, de peso... pero o que máis lle gustou foi lanzar o martelo.
Algún daba tantas voltas que caia ao chan antes de soltalo.
Pasámolo xenial e aquí tedes unha mostra e se queredes ver todas as fotos clicade AQUí


 

9 cousas que hai que facer para evitar a mala sorte

En música escribimos sobre unha canción que fala acerca das cousas que hai que facer para evitar a mala sorte... e o máis dificil! representalo con fotos... Este foi o resultado do noso libriño que vai na maqueta que se fixo para o Salón do Libro.











martes, 28 de febrero de 2012

A qué sabe a lúa?

Quen non soñou algunha vez con darlle un mordisco á lúa? Hoxe comezamos a clase de informática lendo o conto. E cada un imaxinou a que sabería... "a queixo!" dixo Luis, "a chocolate e nata!" dixo Felipe, "non! a bocadillo de chorizo" comentou Marcos.
O conto chámase "A que sabe a lúa?", é de Kalandraka e o temos na biblioteca do cole á vosa disposición. É unha historia de cooperación entre os animáis para chegar a un obxectivo común: darlle un mordisquiño á lúa.


Despois, fixemos as actividades dun LIM (gracias ao EEI O Grupo e a Belén Junquera en concreto) na pizarra dixital:
PARA XOGAR PICA AQUÍ




Agora que xa sabemos o conto, na clase de música imos traballar coa canción! Xa vola ensinaremos!

sábado, 25 de febrero de 2012

Salón do libro: traballo rematado!

Canto tempiño e traballiño nos costou rematalo... pero xa está listo para levar o luns ao Salón do libro!
Este ano o tema son as supersticións, así que cavilando cavilando... que podemos facer que represente as supersticións??: Unha escaleira (que da mala sorte se pasas por debaixo) con un gato negro (que da malísima sorte se se te cruza por diante!).
Cortar madeiras, poñer parafusos, pintar, repintar e volver a pintar! e ademáis o máis importante!: os libriños que fixo cada aula! Uns sobre as supersticións da noite de San Xoán, outros sobre as de fin de ano, contos de bruxas...
Este é o resultado final da nosa maqueta... que vos parece?








viernes, 24 de febrero de 2012

Día de Rosalía de Castro


Hoxe celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fai 175 anos que naceu en Padrón (A Coruña).
É unha data importante de coñecer xa que foi unha das figuras máis importantes do rexurdimento da lingua galega.
A mestra contounos unhas cantas cousiñas sobre quen foi e que fixo... Sabemos que escribiu novelas e poesía e que algunhas delas foron musicadas e convertidas en cancións por Amancio Prada.
Con un pouco de esforzo (porque os venres temos a cabeciña xa chea de todas as cousas que aprendimos durante a semana), aprendimos un anaquiño dun poema que escribimos entre os nenos maiores de Ribadumia:



Pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi cantar "Adios ríos, adios fontes"...algo xa nos sonaba a canción...
Escoitamos a Amancio Prada cantando a canción... que ben canta! dicía algún...
E nós non iamos a ser menos e este é o noso pequeno homenaxe a Rosalía de Castro:


jueves, 23 de febrero de 2012

MONKEY IS......

Os nen@s do CRA saben que a Monkey gústalle disfrazarse. Aquí tedes varios exemplos de como o imaxinan.


viernes, 17 de febrero de 2012

LIM do Entroido

Esta semana foi todo enredar co entroido! Entre facer disfraces, caretas, practicar a carrasquiña, decorar o local social para a festa...
 En informática limos un conto duns ratiños que celebran o entroido coma nós e despois fixemos as actividades na pizarra dixital.
Deixámosvos o enlace do LIM por se queredes enredar cos cativos na casa, picade AQUÍ

 





jueves, 16 de febrero de 2012

WHERE´S MY HAT?

A Monkey encántalle, como a todos os nen@s , disfrazarse. Por eso, esta semana, aproveitamos   para aprender o nome de  algunhas prendas: hat, trousers, dress...                  

Hoxe nós somos bloggers!

HOXE   A   MESTRA   DEIXANOS    ESCRIBIR
NO   BLOG
MAÑAN       TEMOS      FESTA    RACHADA
DE      ENTROIDO
ESTE    ANO      FELIX      DEUNOS    A    IDEA
DO    DISFRAZ    NOS     IMOS       DE     PINTORES    DE
PARIS   OS OUTROS     NENOS     DE    NAPOLEON   KENIATAS E BEEFEATER

BRAIS VICTOR ROI ADRI E NICO




Ao chegar ao cole estivemos vendo as noticias do periódico e Brais quería atopar a noticia da festa de mañán...pero nada! Non deberon recibir a noticia nosa na redación do Faro de Vigo. "E onde podemos poñer unha noticia para que a lean as nosas familias?", "No blog" dixo Nico....pois veña, a escribir! Entre todos escribimos a noticia na pizarra e despois copiámola no blog!