viernes, 23 de diciembre de 2011

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Festa rachada!


Este ano como xa somos maiores imos comer as 12 uvas o 31 de decembro coas badaladas! E para que non exista problema algún, na escola de Ribadumia fixemos unha práctica!
O primeiro foi decorar a escola... fin de ano merece guirnalda, globos e cartel!



Aproveitamos o venres pasado que foi o cumpreanos de Uxía. Mentras ela preparaba a  tarta de chocolate, o resto facían sandwichs de queixo e xamón.


Merendamos todos xuntos: os sandwichs, a tarta, as patacas... e
chegaron as badaladas!
                               
Tíñannos preparados uns paquetiños con ...uvas? Noon! Con golosinas pequeniñas! Contamos cantas había... 12!

O profe Rafa co pandeiro foi dando toques...POOOOM!! 1!! POOOOM!! 2!! O fixemos un pouquiño máis despacio para non atragantarnos.... POOOOM!! 12!! FELIZ ANO! Esto só foi un ensaio... na casa xa podedes contar cos pequechos porque están listos para o novo ano!
No blogue da escola de Ribadumia 3 anos, podedes ver como a profe Marta o traballou!
http://ribadumiapequenos.blogspot.com/2011/12/as-uvas-de-fin-de-ano.html

martes, 20 de diciembre de 2011

lunes, 19 de diciembre de 2011

Aviso para os nenos/as de RIBADUMIA 3-4-5


O mércores celebramos o festival de Nadal na escola de Leiro. Como moitos dos meniños están maliños (e iso que nós lles mandamos biquiños sanadores como nos ensinou a mestra Marta), e fai días que non veñen a clase, queriamos avisarvos que, no caso de que poidan vir ao festival, terán que vir vestidos con roupa negra ou escura xa que o necesitamos para os disfraces.
Moitos biquiños sanadores para todos!

viernes, 16 de diciembre de 2011

Apalpando barriguiñas...



Esta semana os cativos
maiores de Ribadumia demostraron todo o que aprenderon na clase sobre o Apalpador.
E para facelo máis interesante...fixémolo na pizarra dixital!
Montamos crebacabezas...

Devolvémoslle as roupas perdidas...




Fixemos parellas

Unimos os nomes cos seus debuxos...
Decoramos as montañas do Courel... e buscamos parellas...

Os cativos da escola de Leiro fixeron tamén un LIM sobre o Apalpador...queredes ver cómo traballaron? Picade no enlace:
Esta actividade é do centro CEIP de Arzúa... graciñas!
Deixámosvos o enlace por se queredes descubrir na casa quen sabe máis sobre o Apalpador...

jueves, 15 de diciembre de 2011

A durmir ratiños...



Estamos a aprender unha panxoliña que nos fixo moita gracia porque fala de ratos e a nós todo o que sexa convertirnos en animaliños gústanos moito!
Pintámonos uns bigotiños de rato e por qué non o nariz tamén! Algún facía MIAU MIAU... pero vós sabedes imitar o son que fai un ratiño? Qué complicado!
Escoitade que panxoliña máis chula!

Faciamos que durmiamos... despois levantabamos facendo un corro...xirabamos... palmas...nocellos....pitos....volta!!
Na volta liábamos un pouco o baile porque acababamos tirados no chan a rir...

Tamén fixemos uns debuxos onde cada un debuxou ao seu ratiño que rilla no dente...

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Deixamos atrás as buxainas




Metidos xa de cheo nas actividades de Nadal, deixamos ata o ano que ven as buxainas. Foi unha actividade coa que disfrutaron moito os cativos, deixaron voar a súa imaxinación á hora de decorar os trompos, e puxeron moito esforzo en aprender a lanzalos.


Aquí podedes ver o mural que fixemos na sede do CRA (non dubidedes en visitala) e unha representación de cada escola.

Fixemos máis postais...

Os cativos de Lois tamén fixeron as súas felicitacións...

martes, 13 de diciembre de 2011

Só pensamos no nadal...

Qué vos parecen as felicitacións que fixemos para felicitarvos as festas?
Bo Nadal!!!



Falta xa tan pouquiño que estamos moi entusiasmados coa chegada das festas do Nadal. Hoxe en Informática os nenos e nenas da escola de Ribadumia traballamos sobre un LIM de nadal na pizarra dixital.

Puxémos as cores ás boliñas e decoramos a árbore con estreliñas...
Montamos o Belén...

Fixemos puzzles
e buscamos as diferencias nos debuxos...

Montamos aos reis nos seus camellos....
Hai 3 reis! Melchor, Gaspar e Baltasar! Cántos regalos teñen para repartir!

E por se queredes traballalo na casa deixámosvos o enlace da actividade que fixo unha mestra doutra escola: Ana Martínez Rey.