miércoles, 21 de diciembre de 2011

Festa rachada!


Este ano como xa somos maiores imos comer as 12 uvas o 31 de decembro coas badaladas! E para que non exista problema algún, na escola de Ribadumia fixemos unha práctica!
O primeiro foi decorar a escola... fin de ano merece guirnalda, globos e cartel!



Aproveitamos o venres pasado que foi o cumpreanos de Uxía. Mentras ela preparaba a  tarta de chocolate, o resto facían sandwichs de queixo e xamón.


Merendamos todos xuntos: os sandwichs, a tarta, as patacas... e
chegaron as badaladas!
                               
Tíñannos preparados uns paquetiños con ...uvas? Noon! Con golosinas pequeniñas! Contamos cantas había... 12!

O profe Rafa co pandeiro foi dando toques...POOOOM!! 1!! POOOOM!! 2!! O fixemos un pouquiño máis despacio para non atragantarnos.... POOOOM!! 12!! FELIZ ANO! Esto só foi un ensaio... na casa xa podedes contar cos pequechos porque están listos para o novo ano!
No blogue da escola de Ribadumia 3 anos, podedes ver como a profe Marta o traballou!
http://ribadumiapequenos.blogspot.com/2011/12/as-uvas-de-fin-de-ano.html

1 comentario:

  1. Encántanos todo o que facedes neste colexio, aprenden moito en tan pouco tempo. Cada dia chegan a casa cunha nova canción, xogo ou historia

    ResponderEliminar