jueves, 16 de junio de 2016

Tics-Mobilidade sostible

En Tics estivemos repasando os conceptos sobre educación vial grazas a un LIM deseñado por unha mestra do CRA








martes, 14 de junio de 2016

Tics-ALIMÉNTATE

PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN
  En Tics aprendemos moitas cousas sobre os alimentos facendo un LIM deseñado por unha mestra do CRA chamado CANTOS ALIMENTOS.








lunes, 13 de junio de 2016

Tics: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

En informática visualizamos na Pizarra Dixital varios videos relacionados coa educación vial e logo fixemos varios xogos con diferentes graos de dificultade. Todo foi sacado do seguinte enlace: http://www.educapeques.com/videos-de-educacion-vial/educacion-vial-las-autopistas.html















PSICOMOTRICIDADE; PLAN PROXECTA:ALIMÉNTATE BEN

Relacionado co  Plan proxecta: Aliméntate ben en psicomotricidade fixemos os seguintes xogos:
  • O MASCATO

Material: Un balón de foam.
Desenvolvemento do xogo:  Un alumno ten a pelota e é o barco Mascato. Os demais son peixes da nosa ría, moluscos ou cefalópodos: calamar, caranguexo, sardiña, xurelo, xoubiña…O Mascato vai pescalos, colócanse fronte a el. Di en voz alta: O Mascato vai pescar… un peixe(sardiña) e lanza a pelota ao aire, o alumno que teña ese nome terá que ir correndo a coller a pelota e os demais escapan o máis lonxe posible dela. Cando a colle di : Pescado! Os demais quedan parados. O peixe pescado ten que dar 3 pasos e lanzar a pelota a outro compañeiro, se consigue darlle a alguén éste queda de barco e se non queda el.
Obxectivos:

  1. Coñecer os nomes dos peixes, moluscos e cafalópodos.
  2.  Practicar a coordinación óculo-manual. 
  3. Memorizar os nomes dos peixes de todos/as os seus compañeiros/as.

















  • A COMIDA DO REI
Desenvolvemento do xogo: Un alumno é o rei e colócase sentado nun extremo da pista, os demais no outro extremo nunha fileira. Teñen que ir preguntando dun en un : Meu rei/raíña gústalle o... cocido...(ou distintas comidas). Se lle gustan mándalles dar 3 pasos de xigante, se non lle gustan 3 pasos de formiga. O que primeiro chegue onda o rei ten que tocarlle, todos escapan e o rei ten que perseguilos ata o final da pista. Se pilla a alguén éste pasará a ser o rei. Cando remate o xogo todos falamos dos distintos alimentos e a abundancia coa que teñen ou deberían estar na nosa dieta.
Obxectivos:
  1. Coñecer os distintos tipos de alimentos e a súa preparación.
  2. Relacionar os alimentos coa súa colocación na pirámide dos alimentos.
  3. Respectar as quendas dos compañeiros e a orde do xogo.


jueves, 9 de junio de 2016

PSICOMOTRICIDADE; PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

En psicomotricidade fixemos dous xogos relacionados coa mobilidade que foron os seguintes:
  •  PERCORRIDO.

Material: Aros grandes e aros pequenos, xiz ou cordas.
Desenvolvemento do xogo: Debúxase ou márcase con cordas no chan un percorrido cunha praza no medio para peatóns  e varios pasos, un deles con semáforo. Un alumno vai ser o semáforo e coma no xogo anterior terá tres aros pequenos, un verde, outro amarelo e outro vermello. Haberá dous peatóns que terán que andar pola praza e cruzar polos pasos de peatóns. Os demais serán autos, con cadanseu aro grande. Como o circuito é de dous carrís, os autos terán que circular pola súa dereita e nunca cambiar nin ocupar o carril  contrario. Os peatóns deberán mirar para esquerda e dereita antes de cruzar e os autos ir amodo polos pasos de peatóns e cederlles o paso.
Obxectivos:
  1. Aprender a andar por unha calzada.
  2.   Prestar atención aos semáforos e aos pasos de peatóns.
  3.  Discriminar dereita e esquerda no espazo.






















  • SEMÁFORO
Material: 3 aros pequenos, 1 verde, outro marelo e outro vermello.
Desenvolvemento do xogo: 1 alumno é o semáforo, ten os tres aros na man. Os demais alumnos se dispersan polo resto do espazo. Cando o semáforo amose o aro verde os alumnos terán que correr, cando amose o aro amarelo deberán andar e cando levante o aro vermello terán que parar. Iranse turnando o posto do semáforo.
Obxectivos
  1. Desenvolver a atención dos alumnos.
  2. Coñecer as cores.
  3. Recoñecer o significado das distintas cores do semáforo.