martes, 13 de diciembre de 2011

Só pensamos no nadal...

Qué vos parecen as felicitacións que fixemos para felicitarvos as festas?
Bo Nadal!!!



Falta xa tan pouquiño que estamos moi entusiasmados coa chegada das festas do Nadal. Hoxe en Informática os nenos e nenas da escola de Ribadumia traballamos sobre un LIM de nadal na pizarra dixital.

Puxémos as cores ás boliñas e decoramos a árbore con estreliñas...
Montamos o Belén...

Fixemos puzzles
e buscamos as diferencias nos debuxos...

Montamos aos reis nos seus camellos....
Hai 3 reis! Melchor, Gaspar e Baltasar! Cántos regalos teñen para repartir!

E por se queredes traballalo na casa deixámosvos o enlace da actividade que fixo unha mestra doutra escola: Ana Martínez Rey.

2 comentarios:

  1. Encántanme ver aos rapaces e rapazas facendo o meu libro lim sobre o Nadal. Eu tamén o fixen cos meus. Un biquiño e Bo Nadal.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polo LIM Ana! Os cativos disfrutaron moito facéndoo! Xa se ve nas fotos! Un bico, bo nadal e bo comezo de trimestre!

    ResponderEliminar