Aínda que falta un día para o magosto e o samaín, hoxe estabamos xa con ganas de festa!
E estivemos toooodo o día falando do tema.
E aproveitando, na clase de informática hoxe practicamos co Word e aprendimos a redactar notas.
Cada neno copiou no seu ordenador a nota informando (por se alguén se esquecía) da festa de mañán.
Ao principio, tivemos algún que outro problema aprendendo o código de cores para as teclas de "borrar", "espacio" e "empezar nova liña"... pero unha vez metido na cabeza rematamos a nota nun pis-pas.
Peeeero, non estaba todo feito porque o máis dificil estaba por chegar... adxuntar unha foto ao documento!
Entramos en google e escribimos CASTAÑA.....
...e superando algún problema co rato e os botóns secundarios, escollimos a foto que queriamos copiar e coa axuda da mestra a pegamos na nosa nota.
Picamos no menú "archivo", "imprimir".....e fumos correndo coma un raio ao despacho de Rafa ("ssshhh!! como se entere..." dixo Nico) e PUS PA PUS!... saiu a nosa notiña.
Adrián necesitou comprobar comparando coa pantalla que a nosa nota era EXACTAMENTE igual.... "igualiña igualiña" dixo! Proba superada!
Xa estou enterado, como volvan a entrar no meu despacho sen permiso...je,je,je.
ResponderEliminarParabéns para os cativos maiores da escola de Ribadumia e... para a profe María polo traballo tan ben feito na clase de informática.