jueves, 27 de octubre de 2011

Entrega especial de libros!

Chegounos á escola un paquete procedente da Editorial Kókinos cheo de libros!



Vaia libros máis bonitos para a vista....pero tamén para os oídos, porque son libros sobre nanas de diferentes países.
Os nenos e nenas de Leiro estiveron investigando sobre os libros que chegaron para mostrarnos de onde veñen.
Cada neno escolleu o libro que máis lle gustou...

Qué magoa! As fotos dos nenos e nenas saíron un pouco escuras porque as fixemos coa luz apagada para poder ver ben o mapa na pizarra dixital...

Angela foi a primeira... "Este para Andrea!!" dixo... E colleu "Cancionero infantil del papagayo". Con cancións portuguesas! Qué parecido ao galego!


"Son os nosos veciños!" dixeron os nenos.... E é que Portugal está a un chimpo!


Paula escolleu "A la sombra del olivo"... que ten 29 cancións infantís árabes...

Onde está Marruecos? Preguntámonos....pois Paula xa o sabe...


A María, o libro que máis lle gustou foi "Canciones infantiles y nanas de Baobab"...Que inclúe un repertorio de música tradicional de Africa con 30 nanas e cancións de voda e traballo e xogos cantados.


E buscamos Africa no mapa... aí xustiño onde nos sinala María!


Andrea decidiuse por "Canciones infantiles y nanas de babushka"... Este libro inclúe cancións infantís eslavas, polacas, checas, ucranianas e bielorrusas.


Aínda somos un poucos pequenos e por máis que subimos na cadeira, non chegamos a sinalar exactamente co noso dediño onde está Rusia!!

Agora, xa sabedes que temos novas adquisicións na biblioteca do cole por se queredes escoitar e aprender sobre músicas de outras culturas.
Se non sabedes onde atopalos, os mestres e mestras estaremos encantados de axudarvos...aínda que... moitos dos nenos e nenas xa son uns expertos en buscar libros na biblioteca!
Se queredes ir coñecendo estes libriños, recoméndovos comezar co "Cancionero infantil del papagayo" xa que é dunha lingua próxima a nós e as cancionciñas pódense aprender con facilidade.
En conxunto, son unha oportunidade de crecer respetando a gran cantidade de formas e culturas do mundo no que vivimos.


O trem maluco
Quando sai de Pernambuco
Vai fazendo chic, chic,
Até chegar no Ceará.

Rebola pai, rebola mae, rebola filha…
Eu também sou da familia,
Também quero rebolar!
Ah! Por certo, na foto do paquete aparece un libriño do que non falamos neste post... pero esa é outra historia! Non tedes xa curiosidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario