martes, 18 de octubre de 2011

Migallas



Dende aquí queremos seguir mostrándovos actividades coas que disfrutar cos vosos pequenos/as. Nesta ocasión, é Migallas...Migallas é un grupo de teatro dirixido aos nenos/as.

Nós puidemos disfrutar cunha das súas actuacións no Salón do Libro de Pontevedra fai 2 anos e encantounos! Estas son un par de fotos de aquel día!



As próximas actuacións que teñen programadas son:
-19/11/2011, 18:00horas, Moraña, Casa da Cultura. "Camiño de historias".
-2/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra, Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-16/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra, Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-23/12/2011, hora sen especificar, Redondela, Biblioteca de Chapela, "Camiño de historias".
-27/12/2011, 18:00 horas, Pontevedra,Biblioteca pública de Pontevedra, "Contos nas orellas".
-30/12/2011, hora sen especificar, A Guarda, Auditorio, "O libro máxico".

"Camiño de historias" é un espectáculo de historias de tradición oral enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato combina a narración coa expresión plástica e dramática.
Malia ser tradicionais, os contidos que tratan son próximos aos nenos/as:
-os rapaces consentidos polos pais,
-o afán por posuír xoguetes,
-o ritmo das estacións e o ciclo da vida,
-a importancia da música e as festas...







"O libro máxico": Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa porque os seus pais van a unha reunión. Atopa un libro vello nun baul que a mergulla nunha historia de piratas moi real! Os rapaces terán que buscar unha lámpada marabillosa que perdeu un xenio en Arabia, actuarán nunha pista de circo acompañados por un can-pallaso e conducirán uha nave espacial por galaxias descoñecidas!
O argumento convida aos nenos/as a vivir grandes aventuras lendo libros. Ademáis traballa temas como a discriminación, o exceso de autoridade, as relacións entre pais e fillos, a importancia da imaxinación...

Se asistides a algún dos espectáculos, encantarianos que nos contarades a vosa experiencia!

E se picades no enlace, poderedes entrar na súa páxina web:





No hay comentarios:

Publicar un comentario