domingo, 20 de mayo de 2012

Os nenos do CRA xogan ás chapas

Hai uns días, coma o tempo non era moi bo para estar fora, nas clases de psicomotricidade tivemos que improvisar e pensar que xogos poderiamos facer no pouco espazo que temos nas escolas.
Un dos xogos que saíron foi o das chapas e, resulta que moitos nenos non sabían como se xogaba.
Tivemos que traer unha chapa pero, como moitas eran iguais, cada un tivo que decorar a súa: un anaquiño de cartolina, un pouco de plastilina, unha chapa...e a xogar.
Pero...que difícil e darlle cun dedo!!!


Primeiro a marcamos...
 

...despois a recortamos...

...logo a decoramos e...
     

...¡A XOGAR!
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario