domingo, 20 de mayo de 2012

Patinetes en Sisán

O pasado luns fixemos unha actividade moi especial cos nenos de Sisán na clase de Psicomotricidade. Aproveitando o pavillón, cada un dos nenos trouxo da súa casa un patinete, e fixemos unha actividade con este divertido aparello.
Os había de tres rodas, para os que se iniciaban, e de dúas rodas, para os máis avanzados. Ata o profe Rafa trouxo o seu.
Fixemos carreiras de velocidade, circuítos de habilidade, imitando ao que vai de primeiro...
Como a actividade resultou moi divertida, e o tempo da clase pasou moi rápido, este luns... ¡REPETIMOS!

Os avanzados...
Os iniciados

Todos os competidores

No hay comentarios:

Publicar un comentario