lunes, 28 de mayo de 2012

O garutiño

Estas semanas imos adicar a clase de música a aprender unha danza chamada "O garutiño" que tamén está no  cd de "A PUNTA DO PÉ"... como nos gusta este disco!
Facer a roda, ir ao medio, bailar en parella e despois roubala!
Estamos a practicar a posición de bailar en parella... unha man na cintura, outra man no hombro e a outra... xa non sabemos onde poñela!!
A primeira volta lenta, a segunda volta rápida...caemos ao chan e a mestra PARA PARA PARA! e volvemos a empezar...a ver se a seguinte vez non nos da a risa!
Cando o teñamos máis practicado ensinámosvolo!

"Se o garutiño quere bailar, axiña parella terá que atopar"


"Este garutiño que aínda agora entrou
 deixalo bailar que aínda non bailou.
Se aínda non bailou o verde limón,
rapaz que es garoto, rapaz que es pimpón,
agora furta, furta que tes a ocasión,
agora se non furtas ficarás lambón.


Xa aquí vai roubada, xa aquí vai na man.
Xa aquí vai metida "



No hay comentarios:

Publicar un comentario