martes, 15 de mayo de 2012

Macario Dromedario


En informática aproveitamos un LIM que nos recomendou a profe Marta para seguir o traballo que comezou na súa aula de "Xogar a pensar".
Utilizamos un LIM do conto "Macario Dromedario" que podedes ver AQUÍ. Gracias Vero polo teu traballo.
Limos o conto e despois estivemos a falar intentando:
Respetar o turno de palabra, escoitar o que din os nosos compañeiros/as, non berrar, pensar antes de falar...
E despois a mestra preguntou e estas foron algunhas das nosas contestacións:
-Por que Macario non ten chepa? Porque non ten barriguiña porque non come e está delgado.
-Por que os irmáns de Macario molestan ao ourizo? Porque non lle deixa a pala vermella.
-Soluciónanse as cousas chorando? Si porque cuando yo lloro mamá no me manda comer los arbolitos de la profe de las flores (creo que refírese ao brócoli).
-Pódense beber as bágoas? "Si cando eu choro fago así (tira dos mocos) e súbense á cabeza os mocos e as bágoas e xa non teño sede".
Despois aprendimos moitas cousas sobre os dromedarios e sobre os ourizos! 
E esta é unha animación do conto feita con plastilina, mirade que chula!


1 comentario:

  1. Parece que a xoaniña Juanita deu unha volta pola clase de informática!! Canto aprendemos cando nos vén visitar!!

    ResponderEliminar