Pero non pasa nada! Non necesitamos neve para ter
un boneco! O podedes facer na casa, é moi sinxelo! Apuntade: vasos de plástico normais, vasos de plástico de café e unha grapadora.
Está a costarnos un pouquiño facelo porque o uso da grapadora non o temos moi dominado: rómpesenos os vasos, facémonos dano na man, cáensenos as grapas...
Pero xa temos un anaco feito...
Para facer o corpo temos que ir grapando os vasos un ao lado de outro ata facer un rosco:
...ata que quede así:
Xa temos a mitade do corpo! Tedes curiosidade por saber como queda?
Como se fai para a cabeza? Queda igual de grande que o corpo?
ResponderEliminarPara a cabeza hai que utilizar vasos de café de plástico que son máis pequenos. Grapando os vasos da mesma forma que no corpo queda unha bola máis pequena.
ResponderEliminarGustarianos ver fotos de como vos queda!
Un saúdo
COMO SE UNEN A CABEZA E O CORPO?
ResponderEliminarDéixase sen poñer o último vaso da parte de arriba do corpo e a de abaixo da cabeza. Únense as dúas partes cun vaso de plástico pegandoo con cola branca.
ResponderEliminar