Este ano ao CRA de Ribadumia ven o apalpador! A lenda di que o apalpador ía casa por casa apalpando as barriguiñas dos nenos e nenas; aos que a tiñan baleira deixáballes un feixe de castañas e os que non, xoguetes de madeira feitos coa súa pucha.
Para ir preparando aos cativos, qué vos parece cantarlles antes de durmir a canción de "O apalpador"
"Vaite logo, meu meniño
marcha agora pra a camiña
que vai vir O apalpador
a apalparche a barriguiña
Mañán é día de cachela
que haberá gran nevarada
que ha de vir O apalpador
cunha maga de castañas"
Aínda que non ven no video, aqui tedes a 3ª estrofa da canción, só tedes que poñerlle a mesma música que nas estrofas anteriores...
"Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor apalpador
para darvos o aguinaldo"
Que cancion mais bonita! Hoxe a nena cantoume un pouco pero non lle entendia ben a letra, gracias por poñer a letra.
ResponderEliminarPois sí que é bonitiña!! Gostoume moito!
ResponderEliminar