martes, 8 de noviembre de 2011

Quincena da tradición oral





A principios do mes de Novembro, celébrase a quincena da tradición oral.

Nas escolas, as mestras están a ensinarnos unha chea de retahílas, xogos e cancionciñas
desempre...: "Palma repalma", "Olliño Pimpilín", "As formiguiñas"...

E na clase de música, coa mestra estamos aprendendo "Martiño peixeiro""

Ao principio todos pensabamos que Martiño Peixeiro era un pez pero...NOOOON!!! O Martiño Peixeiro é un paxaro que, eso si, come peixes.

O xogo é como o "Pasa misí pasa misá"...acordádevos??

Entre que somos aínda pequeniños e que os nosos brazos non son moi longos tivemos algunha dificultade para facer un camiño polo que se puidera pasar polo medio sentrop
ezar,caer,chocar, pisar... a mestra intentouno pero non, non cabía de ningunha maneira...



Despois de xogar fixemos a ficha que sempre facemos para reforzar o que traballamos... A ficha tiña trampa e xogamos a ver quen adiviñaba qué pasaba...e André que estaba moi antento dixo....

-"O debuxo non é!".
-"Por?"
-"Porque o martiño peixeiro ten ás e voa así" (o voar convertiuse en choros porque unha aíña chocou coa cara de outro neno...).

E que, o que tiñamos que facer era DEBUXAR o Martiño peixeiro! que, eso sí, come o peixiño da ficha.

1 comentario:

  1. Pero que ben o pasan estos rapaces!! Moi bo traballo

    ResponderEliminar