Xa pasou o Samaín e o Magosto e na clase de música deixamos ata o ano que ven as actividades relacionadas con cabazas, castañas, bruxas...
E para comezar a coñecer músicos eliximos a DVORAK.
A verdade é que nos está costando unha miga pronunciar o nome; Uns chamámoslle DEBORA, outros NORAK, e algúns ata VORAZ!
Primeiro a mestra contounos un pouquiño da vida de DVORAK....sabedes que naceu en Checoslovaquia?
Roi sinálanos onde está!
A mestra contounos un conto sobre Cristóbal Colón que saiu de viaxe nuns barcos chamados La Pinta, La Niña e La Santa María e atopou "un novo mundo".... e falando de "novo mundo"...
sabedes que Dvorak compuxo unha obra chamada "Sinfonía del nuevo mundo"? Qué casualidade!
E vimos nun MUSICOGRAMA a historia do barco navegando ao ritmo da "Sinfonía del nuevo mundo".
Uy! pero... todos sabemos o que é un Musicograma?
Nun MUSICOGRAMA, a parte de escoitar...podemos VER a música! Utilizamos na pantalladixital unha páxina web que podedes ver na casa picando en...
Está en inglés así que se tedes algunha dúbida...atentos ás instrucións:
-Eliximos entre "FOR DIAL-UP USERS" (se tedes modem) ou "FOR BROADBAND USERS" (se tedes ADSL).
-Poñendo o rato nunha das opcións anteriores, apareceranos debaixo do barco "MOVEMENTS 1-2-3-4)
-Eliximos o movemento que queremos ver e escoitar. (No cole traballamos o movemento 1).
Fumos nomeando os instrumentos musicais que soan e os clasificamos se eran de vento, de corda ou de percusión.
E nos dimos conta de varias cousas nós soíños!:
-"Os violíns son de diferentes tamaños?"...
-..."Noooon"...."Non son todos violíns, tamén hai guitarras"...
-"Non, que as guitarras teñen un círculo no medio!"....
Claro, non son todos violíns...o pequeno é o violín, o mediano o violonchelo e o grandote de todo o contrabaixo!
-"Cando soa o tambor...sae un raio!"
-"Claro, hai tormenta e o barco vai así (move a man para arriba) e así (move a man paraabaixo).
-"Xa sae o sol solito (e se poñe a cantar "Sol solito caliéntame un poquito)"
-"O barco non se afunde"
Nun musicograma podemos ver as intensidades da música!
Por último fixemos unha fichiña moi faciliña que fixemos nun abrir e pechar de ollos porque xa o tiñamos todo claro clarísimo!
Traballo rematado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario