
Xa temos 5 anos e algúns xa estamos a ler as nosas primeiras palabras e os que non, estamos a piques!
É un libro sobre unha mosca que fai unha torta de moras e..... bueno, os que non o coñecedes é mellor que o leades porque non ten desperdicio!
É da editorial Kalandraka por se o queredes buscar...

Primeiro enumeramos aos distintos animaliños que aparecen no conto: á mosca chosca, ao escaravello revello, ao morcego charego, ao sapo castrapo, á moucha repoucha, á raposa chistosa, ao lobocán pillabán e ao oso larpeiro... Limos os nomes e unímolos ao seu debuxo.

...Fixemos puzzles... ...Puxemos en orden aos animais según aparecían no conto...


...Ordeamos as letras...

...Completamos coas letras que faltaban... ...e unimos nome con debuxo...
...Adiviña adiviñanza...
...Fixemos xogos de memoria... qué atentos tivemos que estar porque esgotábase o tempo!...
...e despois de tanto traballo, como nas películas... FIN!
E colorín colorado este conto está rematado...dun bocado!
É este o libro de "A quien hago mi visita? Quien vive en esta casita?", o neno estivo falándome dun conto e dicía esa frase... Quero mercalo para as navidades.
ResponderEliminarSI, ESE ES EL LIBRO, NOSOTROS LO TENEMOS EN CASA PERO EN GALLEGO.
ResponderEliminarO libro do que falas é ese mesmo, "A casa da mosca chosca" se o mercas en galego ou "La casa de la mosca fosca" se o prefires mercar en castelán.
ResponderEliminarA editorial xa dixemos que é Kalandraka e para que resulte máis doado atopalo o ISBN é 84-8464-155-4.
Un saúdo!