Fai pouco tempo, fíxose un estudio no que se suxería que cada vez era menor o número de nais e pais que cantaban nanas aos seus fillos/as para que se durmiran; ou que as nanas tradicionais xa non formaban parte da bagaxe musical da nova xeración de pais entre os 25 e os 40 anos. Naceron así as "Nanas del siglo 21" da man de TheLoveComes Foundation en colaboración con Aldeas Infantiles: cancións de artistas e estilos cercanos á cultura musical de toda unha nova xeración de pais.
As nanas non só se cantan aos bebés... por qué non cantarlles ós nosos nenos e nenas antes de durmir ou deixar que se durman escoitando unha nana con eles?
SuperNanas é un repertorio dalgúns dos artistas máis significativos do país: artistas pop como Amaral ou Pereza, Delafé y las Flores Azules, estrelas do rock como Enrique Bunbury, Iván Ferreiro ou Sidonie, a voz melodiosa de María Villalón, Mai Meneses ou Zahara e o mellor indie rock da man de Vetusta Morla e Standstill.
Unha das nanas máis bonitas é Los Rios de Alice, de Vetusta Morla, onde utilizan xoguetes infantís, axóuxeres, campás e efectos sonoros que consiguen que se nos pechen os olliños...
Aquí vos deixo o enlace da presentación e a continuación a nana enteira.
Presentación:
Nana:
No hay comentarios:
Publicar un comentario