domingo, 9 de octubre de 2011

Mamacabra

Moitas das cancións que aprendemos na clase de música pertencen a un grupo musical dirixido ós nenos/as: Mamacabra.
O proxecto de Mamacabra partíu dunha mestra de música que compoñía cancións para a súa aula.
O poema "Timoteo" de Gloria Sánchez deu lugar á súa primeira canción.
Partindo de poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez naceu o seu primeiro disco: CANTOS RODADOS.
Dende aquela xa levan sete traballos publicados!
1. Cantos Rodados (2002), un libro xigante e un CD con cancións e vídeo.
2. Cantando conmigo (2004), un CD cunha canción para cada mes do ano.
3. Tan só con leres un libro (2005), un CD-ROM que ten fichas, partituras, debuxos para colorear...
4. Cartas que veñen e van (2006), un libro-CD con cancións de Susa Herrera, arranxadas por Mamá Cabra e cantadas por mestres/as.
5. Patatín Patatán (2008), versións de cancións infantís .
6. Todos os animais ó caixón (2008), cancións sobre contos da colección "Cu-cú sorpresa" de Editorial Combel.
7. Ola, ola, la! (2010), un libro que inclúe cd e dvd karaoke!

1. 2.
3. 4.
5. 6.
7.


Ademáis o grupo Mamacabra tamén fai actuacións! Son actividades onde tanto nenos/as como pais participan de forma didáctica.

Dende a escola xa participamos nalgún concerto de Mamacabra e os cativos xa os coñecen, se queredes pasar un bó e divertido rato cos nenos/as aquí tedes as próximas actuacións que farán:

-16 de outubro, 10+1. 18:30 horas. Carpa na Praza do Balneario. Arteixo.
-12 de novembro, 10+1. 11:00 horas. Coristanco.
-25 de novembro, Ola,ola,la!. Valdoviño.
-10 de decembro. Ola, ola, la! +panxoliñas. Ponteceso.
-17 de decembro. Teo.
-23 de decembro, 10+1. Santiago.
Gustarianos que nos comentarades a vosa experiencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario