viernes, 14 de octubre de 2011

A nosa mascota de música: COCO




Aínda que está connosco dende o primeiro día de clase...aínda non sacáramos á nosa mascota no blogue!
Para os que non o coñecedes, a nosa mascota de música chámase Coco e é un crocodilo verde verde verde!

Coco nos vai traendo cancións que lle gustan e as cantamos xuntos na clase.

A Coco non lle gusta que gritemos e por iso hai veces que non quere sair da súa bolsa! Pero o que si lle gusta é como cantamos!


A foto que aparece ao principio deste post é unha foto que lle fixemos a Coco cando nos trouxo unha canción que xa vos presentamos anteriormete: Eu son un artista.... acordádevos dela? Aparece Coco lendo o conto de Carta de Félix, que é un libro que estamos traballando no cole. E é unha canción relacionada coa viaxe de Félix a Francia.

Cada aula fíxose unha foto con Coco e máis con Cocoquiño que é un crocodilo pequeniño que sempre vai con el e lle axuda a levar os contos e os cds!...para velas só tedes que picar no enlace seguinte...

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox

No hay comentarios:

Publicar un comentario