Hai un espazo televisivo que é unha verdadeira delicia para os oídos!
É o Club Pizzicato! O coñecedes? Non?
O Club Pizzicato é un espazo adicado a nenos e nenas entre os 3 e 12 anos que achega a música clásica aos máis pequenos.
Todos os sábados ás 12 horas na 2 de televisión española, podemos ver e disfrutar con un dos mellores violinistas que hai actualmente: Ara Malikian.
Ara é Allegro, e xunto cos seus amigos Lucía e Patrick, descúbrennos o mundo da música clásica dunha maneira divertida e pedagóxica.
Xuntos falarán sobre as pezas musicais, escoitarán actuacións e incluso as interpretarán cos seus propios instrumentos.
Este é un enlace para que vexades un anaquiño do que poderedes ver todos os sábados pola mañán.
Alguén está xa desexando que chegue o sábado? A ver esas mans!
No hay comentarios:
Publicar un comentario