jueves, 3 de mayo de 2012

A saia da Carolina

Xa repasamos "O xogo da Carrasquiña" e o "Levántate maio"...e agora é o turno de "A saia da Carolina".
A saia da Carolina ten un lagarto pintado
cando Carolina baila, o lagarto dalle ao rabo.
-Bailaches Carolina? Bailei, si señor.
-Dime, con que bailaches? Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor, bailei co meu amor.
-Bailaches Carolina? Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola que todo fai ao revés.
Vístese pola cabeza, desvístese polos pés.
-Bailaches Carolina? Bailei no cuartel.
-Dime, con quen bailaches? Bailei co coronel.
Bailei co coronel, bailei co coronel.
-Bailaches Carolina? Bailei no cuartel.


Carmela tiñase que chamar Carolina polo ben que o fai!

No hay comentarios:

Publicar un comentario