miércoles, 9 de mayo de 2012

Os pequenos de Ribadumia fixemos... un pao de chuvia!!!

Día a día cada aula foi descubrindo o que se podía facer coas botellas de plástico, o arroz, o celo, as tesoiras e os gomets: un pao de chuvia!

O pao de chuvia é un instrumento musical que imita o son da chuvia.
Cada aula fixo dous paos...e como nos gustou constriuílo!!
É moi sinxelo... necesítanse:
-2 botellas de plástico.
-Unhas mancheas de arroz (aínda que tamén podémoslle meter lentellas ou outra legume).
-Tesoiras.
-Celo.
-Algo para decoralo (nós utilizamos
gomets)
Na seguinte entrada diremos como se fai!





Ah! é moi importante antes de tocar o pao de chuvia bailar a danza da chuvia!





No hay comentarios:

Publicar un comentario