domingo, 1 de abril de 2012

2 de Abril, Día da Concienciación do Autismo

Mañán día 2 de abril celébrase o Día da Concienciación do Autismo; Así que o venres cumprimos coa encomenda que nos fixeron dende a Asociación Por Dereito, integrada por nais e pais de nenos con autismo de toda Galicia.
A tarefa era sinxela e a fixemos con moita ilusión: colgar das ventás da escola globos azuis e facer unha foto para enviala e así facer unha montaxe para conmemorar ese día.
Os nenos e nenas comezaron facendo o cartel con pintura...
O de hinchar os globos o deixamos para os mestres (a nós gústanos máis a parte de xogar con eles). Despois de colocalos, fixemos a foto para mandarlles... 


Tamén aproveitamos para informarvos que o día 2 na Biblioteca de Cambados, vaise celebrar conxuntamente o Día do Libro Infantil e o da Concienciación do Autismo.
Este será o seu programa de actividades:
- Ler o manifesto de Francisco Hinojosa que nos fala da maxia dos contos
- Ver "EL cazo de Lorenzo", un conto que nos fala da diversidade, das dificultades e do afán de superación
- Xogar co conto adaptado por Fátima Collado "El Patito Feo" cos pictogramas do ARASAAC
- Iniciarnos no "Bookcrossing", pero tranquilos que levaredes as instruccións traducidas á lectura fácil con pictogramas do ARASAAC.
- Bailar e cantar o "Nossa, nossa" adaptado a pictogramas por Esther Cuadrado. Repartiremos ademais a adaptación a pictos para que practiquedes logo nas vosas casas.
- E se queredes tamén poderedes colorear o conto do " Patito feo".



E aquí vos deixamos un vídeo que esperemos vos guste e nos faga pensar a todos e todas....PINCHA AQUÍ


E o enlace do blogue da Asociación Por Dereito: ASOCIACIÓN POR DEREITO

2 comentarios:

  1. Nos fumos a unha das actividades da biblioteca de Cambados, o libro de O cazo de Lorenzo é precioso. O tedes o colexio??

    ResponderEliminar
  2. Si, o libro de "El cazo de Lorenzo" o temos na biblioteca da escola. Podes collelo co número do carné da biblioteca do teu neno/a. Un saúdo

    ResponderEliminar