jueves, 1 de marzo de 2012

Cantos rodados: Pola unha media lúa

Estamos a aprender unha nova cancionciña dun libro GRANDE GRANDE!! Chámase CANTOS RODADOS e é de Mamacabra (que xa coñecemos doutras veces).
A primeira canción que imos a aprender é POLA UNHA MEDIA LÚA. Ademáis nos está a servir para practicar no baile unha cousa que nunca fixeramos e que ao principio nos costou un pouco: a CADENETA... liámonos, chocamos, perdemos o camiño, soltámonos das mans... pero xa está controlado e somos uns expertos: sabemos quen ten que facer a ponte, cal é o camiño para volver a chegar a facer a roda e ata sabemos como coller a man á mestra para non retorcerlla cando damos o xiro!

Escribimos entre todos a letra da canción para metela ben na cabeciña e que non se nos olvidara...




E deixámosvos unhas fotos nosas facendo a CADENETA! Que bailaríns estamos feitos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario