jueves, 2 de febrero de 2012

Chámase CPU

Díxenlles aos nenos de 3 anos de Ribadumia: "Imos mirar a qué parte do ordenador aínda non lle sabemos o nome"... E rapidamente dixeron "esa, a caixa"... "Para qué servirá?"... "Para gardar as chocolatinas"... "Qué chocolatinas?"... "As do profe Rafa"... "O profe Rafa ten chocolatinas?"... "Si, ti non comes chocolatinas e non eres alta como o  profe Rafa"... E quedeime sen nada que dicirlles...
Seguimos: "Chámase CPU"... "Pero como se chama?".... "Chámase CPU... é o seu nome"... "Pero cal é o seu nome de verdade"... "CPU"... "Non me gusta, chámase caixa...ten o C de  Marcos"... 
Esta parte do ordenador deunos moito traballo porque non foi sinxelo entender qué fai e para que serve...
Pero fixemos a ficha... chámase CPU.

No hay comentarios:

Publicar un comentario