Relacionado co Plan proxecta: Aliméntate ben en psicomotricidade fixemos os seguintes xogos:
- O MASCATO
Material: Un balón de
foam.
Desenvolvemento do
xogo: Un alumno ten a pelota e é o barco
Mascato. Os demais son peixes da nosa ría, moluscos ou cefalópodos: calamar,
caranguexo, sardiña, xurelo, xoubiña…O Mascato vai pescalos, colócanse fronte a
el. Di en voz alta: O Mascato vai pescar… un peixe(sardiña) e lanza a pelota ao
aire, o alumno que teña ese nome terá que ir correndo a coller a pelota e os
demais escapan o máis lonxe posible dela. Cando a colle di : Pescado! Os demais
quedan parados. O peixe pescado ten que dar 3 pasos e lanzar a pelota a outro
compañeiro, se consigue darlle a alguén éste queda de barco e se non queda el.
Obxectivos:
- Coñecer os nomes dos peixes, moluscos e cafalópodos.
- Practicar a coordinación óculo-manual.
- Memorizar os nomes dos peixes de todos/as os seus compañeiros/as.
- A COMIDA DO REI
Desenvolvemento do xogo: Un alumno é o rei e colócase sentado nun extremo da pista, os demais no outro extremo nunha fileira. Teñen que ir preguntando dun en un : Meu rei/raíña gústalle o... cocido...(ou distintas comidas). Se lle gustan mándalles dar 3 pasos de xigante, se non lle gustan 3 pasos de formiga. O que primeiro chegue onda o rei ten que tocarlle, todos escapan e o rei ten que perseguilos ata o final da pista. Se pilla a alguén éste pasará a ser o rei. Cando remate o xogo todos falamos dos distintos alimentos e a abundancia coa que teñen ou deberían estar na nosa dieta.
Obxectivos:
- Coñecer os distintos tipos de alimentos e a súa preparación.
- Relacionar os alimentos coa súa colocación na pirámide dos alimentos.
- Respectar as quendas dos compañeiros e a orde do xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario