jueves, 9 de junio de 2016

PSICOMOTRICIDADE; PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

En psicomotricidade fixemos dous xogos relacionados coa mobilidade que foron os seguintes:
  •  PERCORRIDO.

Material: Aros grandes e aros pequenos, xiz ou cordas.
Desenvolvemento do xogo: Debúxase ou márcase con cordas no chan un percorrido cunha praza no medio para peatóns  e varios pasos, un deles con semáforo. Un alumno vai ser o semáforo e coma no xogo anterior terá tres aros pequenos, un verde, outro amarelo e outro vermello. Haberá dous peatóns que terán que andar pola praza e cruzar polos pasos de peatóns. Os demais serán autos, con cadanseu aro grande. Como o circuito é de dous carrís, os autos terán que circular pola súa dereita e nunca cambiar nin ocupar o carril  contrario. Os peatóns deberán mirar para esquerda e dereita antes de cruzar e os autos ir amodo polos pasos de peatóns e cederlles o paso.
Obxectivos:
  1. Aprender a andar por unha calzada.
  2.   Prestar atención aos semáforos e aos pasos de peatóns.
  3.  Discriminar dereita e esquerda no espazo.






















  • SEMÁFORO
Material: 3 aros pequenos, 1 verde, outro marelo e outro vermello.
Desenvolvemento do xogo: 1 alumno é o semáforo, ten os tres aros na man. Os demais alumnos se dispersan polo resto do espazo. Cando o semáforo amose o aro verde os alumnos terán que correr, cando amose o aro amarelo deberán andar e cando levante o aro vermello terán que parar. Iranse turnando o posto do semáforo.
Obxectivos
  1. Desenvolver a atención dos alumnos.
  2. Coñecer as cores.
  3. Recoñecer o significado das distintas cores do semáforo.











No hay comentarios:

Publicar un comentario