martes, 23 de mayo de 2017

Aprendendo a alimentarnos saudablemete

Moi boas a todos!

       Con esta entrada, me estreno neste blog de psicomotricidade, facendo mención a relación desta área cun dos proxectos desenvoltos no noso centro como é o “Plan Proxecta: Xermoliño”.

        Con él, búscase incidir na necesidade  de que os nenos e nenas adquiran e consoliden hábitos alimenticios saudables dende idades temperás e que os mesmos se manteñan  ata a idade adulta.
Ademáis da consecución destes hábitos, dende a nosa área, buscamos facerlle ver o alumnado que a actividade e o exercicio físico son un compañeiro indispensable nunha correcta alimentación, xa que ámbolos dous permiten acadar importantes beneficios tanto a nivel físico como mental.

       Para que os nenos fosen conscientes de tales ventaxes, me puxen mans a obra, preparando unha sesión na cal os rapaces puideran asimilar estes coñecementos dunha forma lúdica, intentando lograr este fin por medio do xogo.

      Desta forma, durante a sesión levamos a cabo as seguintes actividades:

      Primeiramente, para que os alumnos se familiarizasen co tema, comenzaron visualizando un curto de animación titulado “o ogro e o polo”, no cal estes podían observar as aventuras destas personaxes e o mesmo tempo percibir as consecuencias que se producían o levar á practica hábitos alimenticios perxudiciais e ó non realizar actividade física.

       Unha vez que se introduciron no kit da cuestión, comezamos cos xogos.

       O primeiro foi os “sanote cociñeiros”. No mesmo, eles se convertirían en chefs tendo que utilizar ingredientes sans para elaborar de maneira simbólica menús saudables, debendo para esto ter que discernir  os alimentos saudables dos perxudiciais. Para este propósito, previamente se colocaban polo chan tarxetas de alimentos saudables e de alimentos perxudiciais. Posteriormente, o comezo do xogo os rapaces debían coller as tarxetas dos alimentos sans e levalos os seus aros intentando xuntar o maior número posible destes.

      A continuación pasamos a “travesía da froita”. Nel cada alumno levaba colgado do pescozo unha tarxeta cunha froita. Desta forma, todos menos un se colocaban nun extremo do ximnasio, mentres no medio se atopaba o pandote. Este se encargaba de nomear unha característica das froitas coma por exemplo: “que pasen as froitas de cor amarelo”. Nese momento os que tiñan unha froita con estas características debían pasar por onde ese atopaba o pandote e intentar non ser pillados por este.
Con estas propostas, busquei así, que o alumno interiorizase a importancia de alimentarse correctamente e de facer exercicio físico.

       Para mostra do traballado na aula, vos deixo o  vídeo onde podedes ver imaxes dos xogos mencionados.


                             

      Dito isto, me despido ata a próxima entrada. Un saúdo.













No hay comentarios:

Publicar un comentario