

A semana pasada comezamos a construir un instrumento musical misterioso para o que necesitabamos CHAPAS, CARTÓN, OLLOS E PINTURA... E os nenos e nenas de Lois e Ribadumia 3 anos foron os primeiros en acabalo!
Esas 4 cousiñas convertíronse nunhas
castañolas monstruosas!!!

Só tivemos que pegarlles os ollos por fora e as chapas por dentro coma se fosen dentes e...
CLAP CLAP CLAP!
Quitarlle o papeliño do pegamento aos ollos foi todo un traballo de paciencia xa que temos os dediños tan pequenos que ás veces parece que se nos resisten algunhas cousas!

E a cinta de doble cara que utilizamos para pegar as chapas dentro foi todo un descubrimento que a algún lle custou entender... ten pegamento polos dous lados? Non pode ser! E outro tanto de tempo para quitarlle o papel á cinta... outra vez fumos un saco de paciencia...

Primeiro miramos de que bebidas eran as chapas... cocacola, cervexa, fanta, kas, auga...
As collimos as dúas iguais... como nos gusta facer parellas!