
Utilizamos un LIM do conto "Macario Dromedario" que podedes ver AQUÍ. Gracias Vero polo teu traballo.
Respetar o turno de palabra, escoitar o que din os nosos compañeiros/as, non berrar, pensar antes de falar...
E despois a mestra preguntou e estas foron algunhas das nosas contestacións:
-Pódense beber as bágoas? "Si cando eu choro fago así (tira dos mocos) e súbense á cabeza os mocos e as bágoas e xa non teño sede".
Despois aprendimos moitas cousas sobre os dromedarios e sobre os ourizos!
E esta é unha animación do conto feita con plastilina, mirade que chula!
Parece que a xoaniña Juanita deu unha volta pola clase de informática!! Canto aprendemos cando nos vén visitar!!
ResponderEliminar