
Falamos sobre onde nacimos cada un e onde naceu Valentín... "Eu en Ribadumia", "pues yo en La Coruña", "eu non sei!"... Valentín naceu en Lérez.
Diferenciamos entre cal é o noso nome e cales os apelidos... ás veces non o temos moi claro! Os apelidos de Valentín son Paz Andrade!
Comentamos que queremos ser de maiores... dende policías, ata pistoleiros, pasando por médicos e comedores de tartas! Valentín foi avogado... "e que fan os avogados?"... "ponen las normas que hay que cumplir"... (eso o tivemos que explicar un pouquiño mellor...).
Falamos sobre o seu gusto polo mar e por escribir... Aprendimos unha poesía pequeniña e que nos fixo moita gracia porque cada vez que a diciamos ben as luces apagábanse como por cousa de meigas!
"As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fora,
para tornar enmeigado
aos que camiñan a deshora"
No hay comentarios:
Publicar un comentario