

A clase de informática de esta semana foi traballar co
WORD.
Os nenos maiores de 5 anos escollimos un libro das estanterías da biblioteca cada un.
Paso 1: Buscar o icono do Word.

Paso 2: Aprender cal é a tecla para cambiar de maiúsculas a minúsculas... e a mestra púxonos unha estreliña prateada para que nos quedara clariño...
Paso 3: Mans á obra...que diga ao teclado!

E pouquiño a pouco, buscando as letras, "profe, equivoqueime, cal é a tecla de borrar?", "a
azul", "Iván, separa as palabras", "profe, cal é a tecla de separar?", "a
vermella", "profe, como se vai para abaixo?", "tecla
amarela", "profe, como era o "L" pequeno?, "profe, esto non é unha letra" (o "a")... fumos escribindo un cachiño de cada libro escollido....
E despois os nenos de 4 anos fixemos algo un pouquiño máis sinxelo... escribir os nomes de todos os nosos compañeiros nunha lista peeeeeeero.... cada nome tiña que ser dunha cor diferente!

Qué complicado é seleccionar un texto! Pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" algún xa cambiaba todo de cor!
O próximo día a ver se xa temos máis soltura e animámonos a escribir nome, apelidos e ata o enderezo de cada un!