viernes, 30 de marzo de 2012
jueves, 29 de marzo de 2012
O xardín da poesía
O año pitaño

"O año pitaño vai no paraño.
A cabuxa luxa marchou onda a bruxa.
O gato cegato fuxiu ao burato.
O coello verllo anda no cortello.
E a galiña tiña está na cociña.
Anda neniña déixaos estar,
e imos brincar cas cunchas do mar."
Para acceder ao LIM pica AQUÍ
Gracias a Maica, Fina e Conchita que foron as que realizaron este LIM.
Para acceder ao LIM pica AQUÍ
Gracias a Maica, Fina e Conchita que foron as que realizaron este LIM.
Etiquetas:
Biblioteca,
Informática,
Música,
Pizarra dixital,
Ribadumia 3
lunes, 26 de marzo de 2012
A cor do osiño polar

Tivemos unha carta e limos:
Nin verde nin vermello, tampouco marrón nin rosa nin morado, gris é? non!.... É DE COR BRANCA O OSIÑO POLAR? SI-SI-SI-SI-SI! SI!
Puxémonos mans á obra e fixemos unhas paletas que nos serviron para ir enumerando en orden a cor do osiño polar...
Esta cancionciña está dentro do libro de Mamacabra chamado "Cartas que veñen e van. .. Xa coñecemos varios libros de Mamacabra, cando os vemos xa os recoñecemos!
Esta semana abrimos outra das cartas do libro e estamos a aprender outra canción...pero eso será outro día!
Etiquetas:
Biblioteca,
Cancións,
Lois,
Mamacabra,
Música,
Ribadumia 3
jueves, 22 de marzo de 2012
WELCOME SPRING !
Dende a clase de inglés, queremos darlle a benvida á primavera. Mirade algúns dos debuxos que fixemos!



Etiquetas:
English,
Primavera,
Ribadumia 4-5
Día da poesía

O próximo día ímoslle poñer música e imos intentar acompañalo con pandereta...
O poema é "Miña santiña" e di...
"Miña santiña, miña santasa,
miña cariña de calabasa
hei de emprestarvos os meus pendentes
hei de emprestarvos o meu collar
hei de emprestarcho cara bonita
si me deprendes a puntear"
Mirade que ben o facemos!
Mirade que ben o facemos!
Etiquetas:
Aniversario Rosalía de Castro,
Leiro,
Música
miércoles, 21 de marzo de 2012
Gracias a Iván ...e a súa nai
Con este rapaces vamos de sorpresa en sorpresa.
- "Iván, o próximo martes tes que traer un bocata coma ese para o profe Rafa, que ten moi boa pinta"
Todos os martes que dou a miña clase de Psicomotricidade cos nenos da aula de maiores de Ribadumia, cando chega a hora da merenda, Iván saca un bocata "espectacular" feito pola súa nai: pan integral, aceite de oliva, un pouco de tomate e xamón serrano.
Como non podo estar calado, sempre lle digo:- "Iván, o próximo martes tes que traer un bocata coma ese para o profe Rafa, que ten moi boa pinta"
E claro, martes tras martes... o pasado martes Iván deume unha sorpresa e trouxome un bocata coma o seu para que o comera no recreo.
Desde aquí quero darlle as grazas a Iván e a súa nai. O bocata esta boísimo e... a próxima merenda teño que traela eu.
Gracias e un bico.
Etiquetas:
Psicomotricidade,
Ribadumia 4-5
MY FAMILY
Esta semana Monkey presentounos ao seu pai e a súa nai e contounos que en Inglaterra o día do Pai celébrase o terceiro domingo de xuño.
Aprendemos a canción de mummy e daddy e fixemos unha ficha.
Aprendemos a canción de mummy e daddy e fixemos unha ficha.
martes, 20 de marzo de 2012
Benvida Primavera!
Hoxe chegou a PRIMAVERA!
Nós xa o notamos:- Xa vai quentando un pouquiño máis o sol e case podemos sair ao patio sen abrigo.
- Os días son máis longos e estamos máis remolones á hora de ir á camiña.
-A moreira do patio de Leiro xa empezou a botar folla.
Incluso hoxe, ao abrir a ventá da clase, entraron unhas boliñas brancas que bailaban pola aula... a mestra di que é o polen...
Mentras faciamos informática, escoitamos "LA PRIMAVERA" de VIVALDI...
Etiquetas:
Informática,
Música,
Primavera
lunes, 19 de marzo de 2012
Unha visita especial!
Contámoslle que en música estabamos aprendendo algunhas cousiñas sobre o BALLET... e sabedes que? María vai a clase de ballet!!
Así que nos ensinou algúns dos pasos dos que nos falara a mestra (o fai mellor que a mestra a verdade).
Etiquetas:
Música
domingo, 18 de marzo de 2012
Pasámonos ás carreiras
Seguindo co traballo dos deportes olímpicos, e dentro do atletismo, comezamos a traballar esta semana nas diferentes escolas as "Carreiras de Velocidade e de Relevos"
Coma sempre, primerio buscamos na rede información e algún vídeo que nos explicase como eran esas carreiras. Vimos ao home que corre máis rápido do mundo "Usain Bolt", que sempra leva unha camiseta amarela porque é o color do seu pais "Jamaica"
Despois de ver como o fan os maiores, tocounos practicar no patio. Tivemos carreiras boas, regulares e algunha complicada de clasificar pero, ao final pasámolo moi ben.
Aquí tedes unha pequena representación.
Etiquetas:
Psicomotricidade
viernes, 16 de marzo de 2012
Axenda musical para o fin de semana
Mañán para todos os que teñades meniños pequenos, hai un Concerto para bebés titulado Sorte sortiña. Golfiños. Celebrarase na sala de obradoiros do Salón do Libro en 4 sesións diferentes:
11:00 h - 12:30 h - 17:00 h. - 18:30 h.
11:00 h - 12:30 h - 17:00 h. - 18:30 h.
11.00, 12.30, 17.00, 18.30 | Sorte Sortiña. Golfiños Concerto para bebés. 3€ | Sala de obradoiros |
Etiquetas:
Concertos,
Música,
Salón do libro
NEWSPAPER
Para celebrar a Semana da Prensa, na clase de inglés estivemos facendo varias actividades.
Na pizarra dixital rodeamos o nome de varios xornais ingleses.
Como xa aprenderamos que xornal en inglés dise NEWSPAPER, nunha ficha coloreamos as letras desta palabra e recortamos , non sen dificultade, o nome do xornal The Times.
E así quedou unha vez rematada.
Na pizarra dixital rodeamos o nome de varios xornais ingleses.
Como xa aprenderamos que xornal en inglés dise NEWSPAPER, nunha ficha coloreamos as letras desta palabra e recortamos , non sen dificultade, o nome do xornal The Times.
E así quedou unha vez rematada.
Etiquetas:
English,
Ribadumia 3
jueves, 15 de marzo de 2012
Tchai que?... TCHAIKOVSKY!
Pero nos faltaba coñecer ao autor da obra que tanto escoitamos este días: "El lago de los cisnes".
O seu nome é TCHAIKOVSKY, costounos un montón dicilo ben e é que non coñecemos a ninguén que se chame así! "Non é de Ribadumia" dixo algún...Pois non, nin de París, nin de Londres... máis lonxe aínda... era de Rusia!
Buscamos no mapa onde está Rusia e onde está Ribadumia... e aínda que as dúas comezan con "R" están moi moi moi lonxe...
E aproveitando coñecimos como é a bandeira rusa... "é parecida á de España", sí que é parecida, pero de outras cores...
Etiquetas:
Biblioteca,
Leiro,
Lois,
Música,
Ribadumia 4-5
martes, 13 de marzo de 2012
Soños de Xulieta
En música estivemos escoitando un conto musicado chamado "Soños de Xulieta" da editorial Kalandraka. É a historia de Xulieta que queda durmida e empeza a soñar milleiros de cousas diferentes!
Ao principio costounos un pouco eso de tumbarnos na colchoneta, pechar os ollos e escoitar caladiños atentos á historia e á música... pero pouco a pouco comezamos a interesarnos polas cousas que Xulieta soñaba.
A mestra pediunos que pensaramos en qué soñamos nós cando pechamos os olliños... comezamos a dicir:
"saltar de nube en nube", "voar nun dragón", "vivir nun castelo e ser unha princesa", "ter un cadeliño que fala"... cantos soños temos! Esperemos non deixar nunca de facelo!
Etiquetas:
audicións,
Biblioteca,
Música,
Ribadumia 4-5
lunes, 12 de marzo de 2012
O ballet

Coñecimos a historia do lago de los cisnes: o cisne branco que se convirte en cisne negro...
Estivemos practicando pasos de ballet en parellas despois de ver varios vídeos de ballet...un en concreto deixounos coa boca aberta... "Eu quero facer iso" dicía algún e algunha!
Queredes ver o vídeo que máis nos gustou? PINCHA AQUÍ
Etiquetas:
audicións,
Biblioteca,
Música
viernes, 9 de marzo de 2012
Axenda musical do Salón do Libro para esta fin de semana...
Recordade que mañán sábado tedes dúas actividades musicais ás que podedes ir a disfrutar en familia. Apuntade!:
-Sábado 10 marzo ás 12:00h. Concerto da Orquestra de Cámara de Lira. Sala de exposicións.
-Sábado 10 marzo ás 20:00h. Meigas, Concerto da Banda de Música de Salcedo. Teatro Principal. A partir de 10 anos.
-Sábado 10 marzo ás 12:00h. Concerto da Orquestra de Cámara de Lira. Sala de exposicións.
-Sábado 10 marzo ás 20:00h. Meigas, Concerto da Banda de Música de Salcedo. Teatro Principal. A partir de 10 anos.
Etiquetas:
audicións,
Concertos,
Música,
Salón do libro
martes, 6 de marzo de 2012
"Sur le pont d'Avignon"
"Sur le pont d´Avignon
on y danse, on y danse
sur le pont d´Avignon
on y danse tous en round.
Les belle dames font comme-ça
et puis encore comme-ça...
sur le pont d´Avignon
on y danse, on y danse
sur le pont d´Avignon
E como non podíamos ser menos...tamén nos atrevimos coa danza!
Etiquetas:
Biblioteca,
Cancións,
Cartas de Félix,
Música,
Ribadumia 3
lunes, 5 de marzo de 2012
Tamén lanzamos en Lois
Na escola de LOIS tamén estivemos practicando os lanzamento de atletismo. Aproveitamos o solciño e na pista que está detrás da escola improvisamos un pequeno "estadio" no que os deportistas se emplearon a fondo. Foi moi divertido e algún "fixo unha marca moi boa".
Estes son algúns dos atletas e, o resto podedelos ver clicando AQUÍ.

.JPG)
.JPG)

Estes son algúns dos atletas e, o resto podedelos ver clicando AQUÍ.
Etiquetas:
Lois,
Psicomotricidade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)