Temos na biblioteca da escola unha colección de contos moi pequeniños e curtiños que son
moi bonitos. Os seus autores son Armando Quintero e André Letriae son da editorial OQO.
A colección chámase "Caracois" e inclúe:
"Qué susto" "Caracol e caracola" "Caracol e formiga" "Navega, caracol!"





e "Caracol e Vermiño" que é o que os nenos e nenas de Ribadumia traballamos na pizarra dixital!
Cada aula fixo as actividades máis axeitadas á súa idade.
Ordeamos as letras dos nomes dos personaxes e unimos cada nome co seu debuxo...
Colocamos en orden as escenas do conto e unimos cada color co seu animal...
Resolvimos puzzles e adiviñas...
E ata xa estamos a piques de ser uns expertos no xogo de atopar parellas...e é que non é tan doado como parece!!



No me extraña que a Nikki le encante el cole.... se lo pasa bomba!!!! =0)
ResponderEliminar